Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2017 Páx. 4357

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de formalización do contrato das obras do proxecto básico e de execución do edificio para traslado provisional dos postos do mercado da praza de Abastos número 1 de Ourense.

En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado mediante o Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato das obras do proxecto básico e de execución para traslado provisional dos postos do mercado da praza de abastos número 1 de Ourense:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: 2016013456, ref. 2417.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: de obras.

b) Descrición do obxecto: obras do proxecto básico e de execución do edificio para traslado provisional dos postos do mercado da praza de abastos número 1 de Ourense.

c) CPV: 45000000-7.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: perfil do contratante, BOP e DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 3.8.2016, 5.8.2016 e 8.8.2016.

3. Trámite e procedemento de adxudicación:

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe neto: 599.999,16 euros. IVE: 125.999,82 euros. Importe total: 725.998,98 euros.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 29 de decembro de 2016.

b) Data de formalización: 3 de xaneiro de 2017.

c) Contratista: Petrolam Emergis Alameda, UTE.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 545.400 euros. IVE: 114.534 euros. Importe total: 659.934 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta máis vantaxosa das admitidas, xa que é a que máis puntos obtivo conforme todos os criterios de adxudicación, de conformidade cos informes técnicos que constan no expediente; todo isto serve como motivación.

Ourense, 4 de xaneiro de 2017

Jesús Vázquez Abad
Alcalde