Intentada a notificación da resolución ditada pola xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo pola que se acorda revogar a subvención, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle a interesada o contido da dita resolución como figura no anexo, para que poida ter coñecemento dela.
Así mesmo, fáiselle saber que a dita resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado (BOE), ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación no BOE, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A interesada durante este prazo poderá presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, situado na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución ditada pola xefa territorial.
Lugo, 17 de xaneiro de 2017
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
Nº de expediente: TR341D 2015/649-2.
Nome: Carla Forneas Rivas.
DNI/NIF: 33557762A.
Último enderezo coñecido: rúa Río Narla, 38, 6º D, 27003 Lugo.
Axuda: subvención polo establecemento como traballadora autónoma ou por conta propia.
Orde reguladora: Orde do 12 de agosto de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo (Diario Oficial de Galicia do 19 de agosto de 2015).
Contido do acto administrativo: resolución revogatoria da subvención para iniciativas de autoemprego xuvenil.
Data da resolución: 22 de decembro de 2016.