Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2017 Páx. 4571

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos de atención temperá no marco da Rede galega de atención temperá, cofinanciadas polo programa operativo Fondo Social Europeo de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2016 e 2017.

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os órganos administrativos concedentes deben publicar no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario ao cal se imputen, beneficiario, cantidade concedida e a finalidade, previsión, así mesmo, contida no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, polo que se procede á correspondente publicación.

Convocatoria: Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos de atención temperá no marco da Rede galega de atención temperá, cofinanciadas polo programa operativo Fondo Social Europeo de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2016 e 2017 (DOG núm. 126, do 5 de xullo).

Programa: 312E.

Aplicación orzamentaria/crédito: 12.04.312E.460.1. Importe: 2.252.216 €.

Código de proxecto: 2016 00172.

Finalidade: implantación e/ou consolidación dos servizos de atención temperá no marco da Rede galega de atención temperá.

Beneficiario, actuación subvencionada e importe concedido: figuran no anexo.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2017

Fabiola García Martínez
Directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade

ANEXO

Expediente

Entidades beneficiarias/concellos integrantes

Obxecto

Tipo de xestión

Tipo de servizo

Importe da subvención (2016-2017) (€)

01-2016.BS700A.AT

Mancomunidade de concellos da comarca de Verín (Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Verín e Vilardevós)

Servizo de atención temperá

Compartida

Continuidade

167.027,01

03-2016.BS700A.AT

Agrupación da Mancomunidade dos concellos do Carballiño (Beariz, Boborás, Maside, O Irixo e San Amaro) e da Mancomunidade I. V. do Ribeiro (Arnoia, Beade, Cenlle, Cortegada e Leiro)

Servizo de atención temperá

Compartida

Continuidade

51.237,69

05-2016.BS700A.AT

Mancomunidade de concellos da comarca de Ordes (Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo)

Servizo de atención temperá

Compartida

Continuidade

154.344,47

08-2016.BS700A.AT

Agrupación: concellos da Pobra do Caramiñal e Ribeira

Servizo de atención temperá

Compartida

Continuidade

92.190,04

09-2016.BS700A.AT

Agrupación: concellos de Burela, Alfoz e Lourenzá

Servizo de atención temperá

Compartida

Continuidade

118.168,05

10-2016.BS700A.AT

Agrupación: concellos de Noia, Porto do Son, Muros, Outes e Lousame

Servizo de atención temperá

Compartida

Continuidade

114.219,09