Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2017 Páx. 4818

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Gondomar

ANUNCIO de información pública de delimitación do ámbito do núcleo rural da Carballa, na parroquia de Morgadáns.

De conformidade co disposto no artigo 78.2.a) da Lei do solo de Galicia, do 10 de febreiro, exponse a información pública o expediente de delimitación do ámbito do núcleo rural da Carballa na parroquia de Morgadáns, deste termo municipal subscrito pola arquitecta Delia Prado Figueroa e incoado a petición do concelleiro de urbanismo.

O expediente sométese a información pública polo prazo de dous meses, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal se poderá examinar no negociado de Urbanismo do Departamento Municipal de Urbanismo e Medio Ambiente, das 8.30 ás 14.00 horas, de oficina, e formular as alegacións e observacións que se consideren procedentes.

Gondomar, 18 de xaneiro de 2017

O alcalde
P.D. (Resolución do 16.9.2015)
Xosé Antonio Araújo Quintas
Concelleiro de Urbanismo, Patrimonio e Dereito á Vivenda