Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2017 Páx. 5094

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de cobertura por interinidade dunha praza de auxiliar adminsitrativo.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO), núm. 246, do 27 de decembro de 2016, procedeuse á publicación das bases que rexerán a convocatoria pública para a urxente cobertura en réxime de interinidade, dunha praza vacante de auxiliar administrativo, polo sistema de oposición libre, ao teor do artigo 10.1.a) do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público (TRLEBE), e do artigo 23.2.a) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (LEPGA). A dita praza do cadro de persoal do orzamento de 2012, prorrogado para o ano 2016, está encadrada dentro do persoal funcionario de carreira, escala de Administración xeral, subescala auxiliar, grupo C, subgrupo C2, que quedou vacante por xubilación da titular, con posterioridade á aprobación da última oferta de emprego público.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que se publique o anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

O Porriño, 29 de decembro de 2016

Eva García de la Torre
Alcaldesa