Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 6 de febreiro de 2017 Páx. 5443

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (614/2014).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 614/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Hernán Ariel Romero Leiva contra a empresa Perfecto Manuel Moreira Lema, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa sentenza se xunta:

Resolvo que, estimando a demanda interposta polo demandante Hernán Ariel Romero Leiva, debo condenar e condeno a empresa Perfecto Manuel Moreira Lema a que lle aboe ao demandante a cantidade de 2.846,48 euros polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así o pronuncio, mando e asino definitivamente xulgando.

Para que sirva de notificación en legal forma a Perfecto Manuel Moreira Lema, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza