Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2017 Páx. 5559

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2017 pola que se dá publicidade á resolución de concesión do concurso Eduemprende Idea 2016, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.

Mediante Resolución do 15 de abril de 2016 publicouse o acordo do Consello de Dirección que aprobou as bases reguladoras do concurso Eduemprende Idea 2016, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos, e procedeuse á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (DOG núm. 82, do 29 de abril).

As ditas bases establecen no seu artigo 10.4 que a resolución definitiva será publicada no Diario Oficial de Galicia, publicación que producirá os efectos da notificación.

Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Anunciar a publicación do texto completo da Resolución do 12 de decembro de 2016 de concesión dos premios do concurso Eduemprende Idea 2016, no enderezo www.tramita.igape.es (epígrafe «Consulta de resolucións definitivas»
http://www.igape.es/gl/oficina-virtual/resolucions-definitivas).

Segundo. A Resolución do 12 de decembro de 2016 esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Non obstante, previamente poderá interpoñer un recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral do Igape dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2017

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica