Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2017 Páx. 5705

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 23 de xaneiro de 2017 pola que se resolve a convocatoria de provisión, polo sistema de libre designación, anunciada pola Orde do 15 de novembro de 2016.

Por Orde do 15 de novembro de 2016, publicada no Diario Oficial de Galicia número 229, do 30 de novembro, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Consellería de Facenda que se detalla no anexo desta orde.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, que aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e demais normativa vixente, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada por Orde desta consellería do 15 de novembro de 2016 e designar a persoa funcionaria, cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, para ocupar o posto que tamén se especifica.

Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14, do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres (3) días contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia ou segundo o establecido na normativa de aplicación na súa Administración de orixe.

O prazo para tomar posesión do novo destino é de tres (3) días se non implica cambio de residencia ou de sete días se comporta cambio de residencia.

Cando o/a adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso o servizo activo, o prazo será de vinte (20) días.

O cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se concedesen á persoa; no caso de incapacidade temporal a partir da data da alta.

Terceiro. A xefatura de persoal do centro onde cause baixa o funcionario ou funcionaria, así como a daquel en que acada o destino, efectuarán, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión e, a seguir, realizaranse os trámites para a súa alta na nómina.

Da dilixencia efectuada remitirase copia á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda.

Esta orde pon fin á vía administrativa e contra ela poderase recorrer potestativamente en reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG ou impugnala directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2017

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Datos do/da funcionario/a:

Nome e apelidos: María Rocío Gondar Serantes.

Número de rexistro de persoal: 3545770902 A2059.

Corpo ou escala: corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Subgrupo: C2.

Datos do posto de traballo:

Denominación: secretaria/o director/a xeral.

Código do posto: FCC040000015770001.

Nivel: 18.

Centro directivo ou dependencia: Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos.

Localidade: Santiago de Compostela.