1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Contratación e do Patrimonio.
2º. Domicilio: rúa San Lázaro, s/n.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
4º. Teléfono: 881 99 53 85.
5º. Telefax: 881 99 93 26.
6º. Correo electrónico: tramitacion-contractual.cmot@xunta.es
7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=108519
8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do derradeiro día de presentación de ofertas.
d) Número de expediente: 72/2016 CN.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: servizo.
b) Descrición do obxecto: servizo para a aplicación de medidas de xestión das especies de flora e fauna con comportamento invasor en Galicia.
c) División por lotes e número: si. 5 lotes: punto 2.3 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Lugar de execución/entrega: punto 6 do prego de prescricións técnicas.
e) Prazo de execución: punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares e punto 8 do seu cadro de características.
f) Admisión de prórroga: non.
g) CPV (referencia de nomenclatura): 73000000-2; 77310000-6.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.
c) Criterios de adxudicación: os especificados no punto 3.6.1 do prego de cláusulas administrativas particulares e punto 10 do seu cadro de características.
4. Valor estimado do contrato: 303.543,00 euros.
5. Orzamento base de licitación:
a) Importe neto: 303.543,00 euros. Importe total: 367.287,03 euros.
Lote 1: importe neto: 47.225,00 euros. Importe total: 57.142,25 euros.
Lote 2: importe neto: 167.718,00 euros. Importe total: 202.938,78 euros.
Lote 3: importe neto: 30.000,00 euros. Importe total: 36.300,00 euros.
Lote 4: importe neto: 49.600,00 euros. Importe total: 60.016,00 euros.
Lote 5: importe neto: 9.000,00 euros. Importe total: 10.890,00 euros.
Esta contratación finánciase polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. A actuación encádrase na prioridade 6 dentro da Medida 7 «Servizos básicos e renovación das poboacións das zonas rurais» e na Submedida 07.60 «Estudos/investimentos vinculados ao mantemento, á recuperación e á rehabilitación do patrimonio cultural e natural das poboacións, das paisaxes rurais e das zonas con alto valor natural, incluídos os seus aspectos socioeconómicos, así como as iniciativas de sensibilización ecolóxica»; así como na Medida 4 «Investimentos en activos físicos», Submedida 04.40 «Apoio aos investimentos non produtivos vinculados ao cumprimento de obxectivos ambientais e climáticos» que financian axudas para o desenvolvemento de proxectos para a mellora da paisaxe rural tradicional e para o mantemento das condicións ambientais necesarias dirixidas á conservación ou recuperación de especies relacionadas co medio agrario e os seus hábitats en zonas de Rede Natura 2000 e noutras áreas de alto valor cultural.
6. Garantías exixidas:
Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación, excluído o IVE.
7. Subcontratación: de acordo co establecido no punto 6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: non se exixe.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada no punto 3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares e no punto 5 do seu cadro de características.
9. Presentación de ofertas:
a) Data límite de presentación: 13 de marzo de 2017, ás 14.00 horas.
b) Modalidade: a sinalada no punto 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
2º. Domicilio: rúa San Lázaro, s/n.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
d) Admisión de variantes: non.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses a contar desde a data de apertura de proposicións. O devandito prazo ampliarase en quince (15) días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
10. Apertura de ofertas:
a) Descrición: apertura pública.
b) Dirección: rúa San Lázaro, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e hora de apertura dos sobres B e C.
11. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.
12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 1 de febreiro de 2017.
Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2017
Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio