Notifícaselle ao interesado, de conformidade co establecido no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a resolución do expediente sancionador que a continuación se relaciona no anexo, ao ser devolta polo servizo de Correos a notificación enviada no seu día.
Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpor recurso de alzada ante a Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela), a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto no artigo 121 da Lei 39/2015 (LACAP), e no artigo 23 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio (BOE do 3 de xuño), do Reglamento xeral sobre o procedemento para a imposición de sancións por infraccións na orde social. O recurso interporase ante o órgano que ditou o acto ou ante o competente para resolvelo.
Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos.
Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica, o interesado poderá comparecer, no prazo máximo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Emprego e Economía Social desta xefatura territorial, sita na avenida da Habana, 79, 7º, de Ourense.
Ourense, 23 de xaneiro de 2017
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
|
Nº de expte. |
Nº de acta de infracción |
Nome/razón social |
NIF/CIF |
Último domicilio coñecido |
Data de resolución |
Importe da sanción |
|
64/16 |
I322016000020180 |
Francisco Javier Regandi Vázquez |
44455845-J |
Avda. Buenos Aires, 47, baixo 32004 Ourense |
28.10.2016 |
1.250 € |


