Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2017 Páx. 5698

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 22 de novembro de 2016, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 20 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións destinadas a confederacións, federacións e entidades de iniciativa social, non asociadas nin federadas, sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de proxectos de asesoramento e formación de persoas con discapacidade na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2016 e 2017.

Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 232, do 5 de decembro de 2016, cómpre efectuar a seguinte corrección:

No anexo incluído na páxina 53647, na denominación do proxecto número 2016/09.01, onde di: «Programa de formación prelaboral na discapacidade auditiva», debe dicir: «Apoiando a persoas con discapacidades diferentes».