Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2017 Páx. 6454

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2017 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizo de redacción de proxecto básico e de execución de obra para a construción de vivendas de protección pública, garaxe, rochos e locais nas parcelas B-8A e B-8B do Plan parcial de Cambeses, rúa Ignacio Grobas, Vigo (expediente PO-2015/020).

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contrato de servizo de redacción de proxecto básico e de execución de obra para a construción de vivendas de protección pública, garaxe, rochos e locais nas parcelas B-8A e B-8B do Plan parcial de Cambeses, rúa Ignacio Grobas, Vigo. Expediente: PO-2015/020.

b) Prazo de execución: 4 anos e 6 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: cento cincuenta e nove mil nove euros con cincuenta e cinco céntimos (159.009,55 €), IVE excluído.

b) IVE (21 %): trinta e tres mil trescentos noventa e dos euros (33.392,00 €).

c) Importe total: cento noventa e dous mil catrocentos un euros con cincuenta e cinco céntimos (192.401,55 €).

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 9 de xaneiro de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 11 de xaneiro de 2017.

c) Contratista: Muñiz Más Alfaya, S.L.P.

d) Importe de adxudicación: cento sete mil euros (107.000,00 €).

e) Vantaxes das ofertas adxudicatarias: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o procedemento.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2017

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo