Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2017 Páx. 6423

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (242/2015).

Procedemento ordinario 242/2015

Procedemento de orixe: /

Sobre ordinario

Demandante: Fundación Laboral de la Construcción

Avogado: Adrián Núñez Fernández

Demandada: Sucomaga, S.L.

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 242/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Sucomaga, S.L., sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxo encabezamento é o seguinte:

«Sentenza

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2017

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 242/2015, nos cales son parte, como demandante, a Fundación Laboral de la Construcción, asistida polo letrado Sr. Núñez Fernández e, como demandada, Sucomaga, S.L., que non comparece, malia estar citada en legal forma, o mesmo que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes (…)».

A súa decisión é do teor literal seguinte:

«Decido

Estímase a demanda interposta por Fundación Laboral de la Construcción fronte a Sucomaga, S.L., e, en consecuencia, condénase a demandada a aboarlle á demandante a cantidade de 319,80 euros, incluído o 20 % de xuro por mora, con condena ao pagamento dos honorarios do letrado da parte demandante ata o límite legal.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, contra a cal non cabe recurso.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.»

Para que sirva de notificación en legal forma a Sucomaga, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza