Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2017 Páx. 6427

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (791/2014).

Procedemento ordinario 791/2014

Procedemento de orixe: /

Sobre ordinario

Demandante: Roberto Carlos Vaz Rodríguez

Avogado: Pedro Blanco Lobeiras

Demandados: Coruñesa de Ahorro Energético, S.L.U., Esinor Sistema, S.L.U., Galega de Técnicas e Investimentos, S.L., Manuel Vázquez Cabo, Pocomaco Inversiones, S.A.U., Sotegal de Enerxías, Manuel Lombardía Rodríguez, Fogasa

EDICTO

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 791/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Roberto Carlos Vaz Rodríguez contra Coruñesa de Ahorro Energético, S.L.U., Esinor Sistema, S.L.U., Galega de Técnicas e Investimentos, S.L., Manuel Vázquez Cabo, Pocomaco Inversiones, S.A.U., Sotegal de Enerxías, Manuel Lombardía Rodríguez, Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Cédula de requirimento

Órgano xudicial que require: Xulgado do Social número 3.

Asunto en que se acorda: procedemento ordinario 791/2014.

Entidades ás cales se require: Coruñesa de Ahorro Energético, Galega de Técnicas e Investimentos, Sotegal de Enerxías, Esinor Sistemas, Pocomaco Inversiones.

Obxecto do requirimento: deberán presentar con cinco días de antelación ao acto do xuízo:

– Escrituras de constitución e estatutos actualizados.

– Libros rexistro de socios.

– Libro facturas recibidas correspondentes aos anos 2012, 2013.

– Libro facturas emitidas correspondentes aos anos 2012 e 2013.

– Contas anuais auditadas correspondentes aos exercicios 2012 a 2013 incluídos.

– Conta de perdas e ganancias dos exercicios 2012 a 2013.

– Estado de cambios no patrimonio neto dos indicados exercicios.

– Estado de fluxos de efectivo dos indicados exercicios económicos.

– Contratos de traballo do demandante e nóminas dos últimos doce meses.

– Documentos de cotización á Seguridade Social TC das codemandadas correspondentes aos anos 2012, 2013 e ata xullo de 2014.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza

Para que sirva de requirimento en legal forma a Coruñesa de Ahorro Energético, S.L.U., Esinor Sistema, S.L.U., Galega de Técnicas e Investimentos, S.L., Manuel Vázquez Cabo, Pocomaco Inversiones, S.A.U., Sotegal de Enerxías, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza