Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2017 Páx. 6472

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2017 pola que se fai pública a formalización do contrato para o servizo de obtención de datos de xenotipado de CNV mediante paneis de SNP de mostras de ADN humano para a posterior análise e diagnóstico.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica.

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Administración (Contratación).

c) Número de expediente: AB-FMX1-16-006.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de obtención de datos de xenotipado de CNV mediante paneis de SNP de mostras de ADN humano para a posterior análise e diagnóstico pola Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica.

c) Dicisión por lotes: non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 85111810-1.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

h) Data de publicación do anuncio de licitación: 14 de outubro de 2016.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, non suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 170.506 € (IVE non incluído).

5. Orzamento máximo de licitación: 170.506 € (IVE non incluído).

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 11 de xaneiro de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 20 de xaneiro de 2017.

c) Contratista: Universidade de Santiago de Compostela.

d) Importe ou canon de adxudicación: 170.502,18 (IVE non incluído).

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2017

Fernando Domínguez Puente
Director técnico da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica