Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 2017 Páx. 6810

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 224/2015).

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que por resolución ditada o día 23.1.2017, no proceso seguido por instancia de Victoria Fernández Tarrío contra Camping Rianxo, S.C., Álvaro Sanjurjo Bermúdez rexistrado co número PO 224/2015 acordouse notificar a parte dispositiva do decreto do 23.1.2017 ditado no procedemento a Camping Rianxo, S.C., en ignorado paradoiro:

Parte dispositiva

Acordo:

– Ter por desistida a Victoria Fernández Tarrío da súa demanda de reclamación de cantidade fronte a Camping Rianxo, S.C. e Álvaro Sanjurjo Bermúdez.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, deixando certificación deste no procedemento da súa razón.

Únase testemuño da presente resolución ao procedemento e acumúlese ás presentes actuacións.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Camping Rianxo, S.C. expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza