A Lei 3/2004, do 7 de xuño, de creación do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, establece no seu artigo 7 o carácter e constitución do seu Consello de Administración, do que forma parte como membro o/a secretario/a, que actuará con voz pero sen voto, correspondendo á consellería competente en materia de pesca o seu nomeamento, de conformidade co disposto no artigo 3 do Decreto 41/2005, do 17 de febreiro, de regulamento do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia.
Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,
DISPOÑO:
O cesamento de Juan Carlos Maneiro Cadillo, como secretario do Consello de Administración do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, agradecéndolle os servizos prestados.
Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2017
Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar