Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2017 Páx. 6919

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 686/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 686/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Porro Suárez contra Metalcambre, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 10 de xaneiro de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento de despedimento número 686/2016, seguidos ante este xulgado por instancia de José Manuel Porro Suárez, asistido de Luis Alberto Vázquez Fariña, contra Metalcambre, S.L., que non comparece e contra o Fogasa, que tampouco comparece, dito sentenza de conformidade cos seguintes,

Decisión:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por José Manuel Porro Suárez contra Metalcambre, S.L. e declaro improcedente o despedimento deste, e ante a imposibilidade de readmisión declaro extinguida a relación laboral deste coa empresa demandada, con efectos na data da presente resolución, e condeno a empresa a estar e pasar por esta declaración e a aboar ao demandante unha indemnización de 14.545,49 euros.

Que debo condenar e condeno a Metalcambre, S.L. a aboarlle ao demandante a cantidade de 9.034,27 euros en concepto de salarios debidos.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco (5) días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Metalcambre, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza