Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2017 Páx. 6923

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (174/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 174/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Carlos Martínez Lomba contra Eliseo Villaverde Balsa, se ditou a seguinte resolución:

«Acordo: declarar o executado, Eliseo Villaverde Balsa, en situación de insolvencia total por importe de 6.234,24 euros en concepto de principal máis outros 623,42 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación. Esta insolvencia entenderase para todos os efectos como provisional».

Para que sirva para os efectos da súa publicidade, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza