Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2017 Páx. 6994

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Meis

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial en solo rústico no lugar de Penente, parroquia de Nogueira.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión que tivo lugar o día 28 de novembro de 2016, adoptou o acordo de aprobación definitiva do Plan especial de dotacións para equipamentos en solo rústico no lugar de Penente, parroquia de Nogueira.

Así mesmo, publícanse o texto normativo completo e os planos neste enderezo electrónico:

http://www.meis.es/eportal/portal/index.php?js=si&ajax=si&id_seccion=182&solo_caja=1895

Igualmente, remítese copia autenticada do plan á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xefatura Territorial de Pontevedra.

Meis, 9 de xaneiro de 2017

José Luis Pérez Estévez
Alcalde