Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2017 Páx. 7587

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 1 de febreiro de 2017 pola que se notifica acordo de inicio de procedemento de desafiuzamento administrativo do departamento para usuarios número 69 do porto de Rianxo.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Marcos Gey Garrido mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, requirimento previo de desafiuzamento administrativo do departamento para usuarios número 69 do porto de Rianxo, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no último enderezo coñecido.

Segundo informe da Xefatura da Zona Centro, o departamento está ocupado sen autorización, unha vez vencida e non renovada a autorización da que dispuña, sen que sexa posible outorgar nova autorización dada a existencia de débedas en concepto de taxas portuarias.

O presente acto administrativo que emite a Presidencia do Consello de Administración da entidade pública Portos de Galicia, de acordo coas competencias previstas no artigo 114 da Lei 5/2011, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, se emite en aplicación do artigo 113 desa lei, do artigo 103 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, que aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, e do artigo 31 do Decreto 227/1995, que aproba o Regulamento da entidade pública Portos de Galicia.

O departamento deberá de ser abandonado nun prazo máximo de 10 días a contar desde a publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, o que se formalizará coa entrega das chaves ao persoal de Portos de Galicia.

Así mesmo, este anuncio se publicará no Diario Oficial de Galicia, se ben, a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Se outorga trámite de audiencia por un prazo máximo de 10 días hábiles a contar desde a publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, durante o que poderán formularse alegacións e presentarse os documentos ou xustificacións que se estimen pertinentes.

De ser preciso o desafiuzamento será executado co auxilio das forzas e corpos da seguridade do Estado.

Contra o presente acto administrativo de iniciación non se admitirán accións interditais ou para a tutela sumaria da posesión das previstas na Lei de axuizamento civil.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2017

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia