Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2017 Páx. 7603

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a formalización da contratación da obra de adaptación da planta baixa para laboratorio central (CORE) da estrutura organizativa no Hospital do Meixoeiro de Vigo (cofinanciado nun 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2014-2020, O.E. 9.7.1) (expediente AB-SER3-16-025).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-SER3-16-025.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obra.

b) Descrición: contratación da obra de adaptación da planta baixa para laboratorio central (CORE) da EOXI no Hospital do Meixoeiro de Vigo (Pontevedra).

c) CPV (referencia de nomenclatura): 45262700-8.

d) Medio e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 156, do 19.8.2016; na web do Sergas e na plataforma de contratos de Galicia o 19.8.2016.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria y documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, multicriterio e non suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 992.492,65 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 992.492,65 €. IVA (%): 21 %. Importe total: 1.200.916,11 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 23 de xaneiro de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 27 de xaneiro de 2017.

c) Contratista: Construcciones Orega, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 831.014,10 €. IVA (%) 21 %. Importe total: 1.005.527,06 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta da adxudicataria foi seleccionada como a economicamente máis vantaxosa, mediante a aplicación dos criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares. A resolución de adxudicación e os informes de valoración están publicados no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2017

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos