Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2017 Páx. 8084

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 117/2016).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 117/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rocío Gil Couso contra a empresa Paulino Alonso Garrido, sobre ordinario, se ditaron as seguintes resolucións, en cuxa parte dispositiva se acorda:

«Despachar orde xeral de execución da sentenza ditada con data 16 de xuño de 2016, no procedemento ordinario seguido ante este xulgado co número de autos 9/2016, a favor da parte executante, Rocío Gil Couso, fronte a Paulino Alonso Garrido, parte executada, 2.632,19 euros (corresponden 2.392,90 euros ao principal reclamado e 239,29 euros ao xuro de mora procesual do 10 %) e de 263,20 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Declarar o executado Paulino Alonso Garrido en situación de insolvencia por importe de 2.632,19 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Paulino Alonso Garrido, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 26 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza