BDNS (Identif.): 331249.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
(http://www.pap.minhap.go.es/bdnstrans/index):
Primeiro. Persoas beneficiarias
Persoas que teñan unha titulación universitaria de licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a ou de grao para complementar os coñecementos teóricos adquiridos nos seus estudos cunha formación práctica que lles permita afrontar con maiores garantías o seu futuro profesional.
Segundo. Obxecto
Bolsas de formación que teñen como obxectivo contribuír á formación titorial de profesionais no campo da actividade comercial e do seu ámbito.
Terceiro. Bases reguladoras
Publícanse conxuntamente na convocatoria.
Cuarto. Importe
Destínase un total de 45.200,00 euros, dos cales 43.200,00 € corresponden á aplicación orzamentaria 2017.09.30.751A.480.0 e 2.000,00 € á aplicación orzamentaria 2017.09.30.751A.484.0.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2017
Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria