Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2017 Páx. 7907

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

ORDE do 9 de febreiro de 2017 pola que se dispón o nomeamento dun vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado mediante o Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúe ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que se deberán facer necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das ditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,

DISPOÑO:

O nomeamento de Antonio Fernández-Campa García-Bernardo como vogal representante da Comunidade Autónoma de Galicia no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2017

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar