Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2017 Páx. 8079

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Padrón

EDICTO (97/2016).

María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Padrón, fai saber que no xuízo por delito leve nº 97/2016, en que é denunciante Beatriz Luna Domínguez e denunciados Lazar Remus Sau e Gabriel Tony Balaci, se ditou sentenza con data do 30.3.2016, en que se condena os denunciados e cuxo texto íntegro se encontra nesta secretaría á disposición dos interesados.

Contra a dita sentenza cabe interpor recurso de apelación no prazo dos cinco días seguintes ao da súa notificación, que se formalizará conforme o disposto nos artigos 795 e seguintes da Lei de axuizamento criminal.

E para que conste e sirva de notificación de sentenza a Gabriel Tony Balaci, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto.

Padrón, 16 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza