Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2017 Páx. 8380

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 10 de febreiro de 2017 para facer pública a resolución pola que se aproba o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construcción do itinerario peonil e ciclista na PO-250, Amoedo-Pazos de Borbén, punto quilométrico 6+500-7+320 (clave PO/16/060.06).

Con data do 3 de febreiro de 2017, a Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, por delegación da Conselleira de Infraestruturas e Vivenda (Orde do 4 de febreiro de 2013, Diario Oficial de Galicia do 20 de febreiro), visto o informe da análise das alegacións, resolveu o seguinte:

«Antecedentes de feito:

Primeiro. Con data do 11 de novembro de 2016 aprobouse provisionalmente, por resolución da Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, o proxecto de construción Itinerario peonil e ciclista na PO-250. Amoedo-Pazos de Borbén, p.q. 6+500-7+320, de clave PO/16/060.06.

Segundo. Con data do 21 de novembro de 2016 publicouse no Diario Oficial de Galicia (nº 222) o anuncio de 9 de novembro de 2016 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción Itinerario peonil e ciclista na PO-250. Amoedo-Pazos de Borbén, p.q. 6+500-7+320, de clave PO/16/060.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido.

Terceiro. Durante todo o trámite de información pública presentáronse alegacións, informes e certificados que foron remitidos á dirección do estudo para a súa valoración.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de construción someteuse ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, someteuse a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar, de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción Itinerario peonil e ciclista na PO-250. Amoedo-Pazos de Borbén, p.q. 6+500-7+320, de clave PO/16/060.06, mantendo o trazado proposto como definitivo.

Segundo. Consonte establece o artigo 23 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello de Pazos de Borbén deberá adaptar o seu planeamento urbanístico ao contido no proxecto, no cal se establecerán as determinacións do planeamento urbanístico que deben ser modificadas como consecuencia da súa aprobación, no prazo que determine este último e, en todo caso, na súa primeira modificación ou revisión.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou ben recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Infraestruturas e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 35/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas».

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2017

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas