Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2017 Páx. 8340

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 27 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental sobre o proxecto de ampliación como xestor de valorización de aceites usados de cociña dun centro xestor de vehículos fóra de uso, na parroquia de Larín (clave 2016/0156).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 26 de xaneiro de 2017, relativo ao proxecto de ampliación como xestor de valorización de aceites usados de cociña dun centro xestor de vehículos fóra de uso, na parroquia de Larín, promovido pola empresa Desguaces Castro, S.L.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:

http://www.cmaot.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático