Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2017 Páx. 8357

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2017 pola que se fai pública a formalización dun contrato administrativo.

En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do contrato que se relaciona a seguir:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

c) Número do expediente: 32/2016.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.contratosdegalicia.es.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: xestión do programa Mentor de inserción sociolaboral de mozos e mozas en risco social.

c) Número de lotes: a totalidade do servizo constitúe un único lote.

d) Tipo de fondo: financiado polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo 2014-2020.

e) Lugar de execución: Galicia.

3. Tramitación e procedemento: tramitación ordinaria, documentalmente simplificada e procedemento aberto.

4. Orzamento base de licitación: 6.506.464,80 euros sen IVE.

5. Formalización do contrato:

a) Data da adxudicación do contrato: 15 de novembro de 2016.

b) Data da formalización do contrato: 16 de decembro de 2016.

c) Contratista: Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector-IGAXES3.

d) Importes por anualidades (sen IVE): 2016: 69.746,93 €; 2017: 1.621.616,20 €; 2018: 1.621.616,20 €; 2019: 1.621.616,20 €; 2020: 1.486.481,52 €. Total: 6.421.077,05 €.

e) Nacionalidade: española.

f) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta do adxudicatario foi seleccionada como a máis vantaxosa, mediante a aplicación dos criterios obxectivos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2017

O conselleiro de Política Social
P.D. (Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social