Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2017 Páx. 8401

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Malpica de Bergantiños

ANUNCIO de licitación de contrato de subministración e instalación de luminarias e demais material auxiliar para a renovación das instalacións de iluminación pública exterior nos lugares do Piñeiro, A Feira Nova, Brión e As Pozacas (financiada mediante o POS adicional 1/2016 Deputación Provincial da Coruña).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Malpica de Bergantiños.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número de expediente: PA 1/2017.

c) Obtención de documentación e información:

c.1) Dependencia: Secretaría.

c.2) Domicilio: avenida Emilio González, 1.

c.3) Localidade e código postal: Malpica de Bergantiños, 15113.

c.4) Teléfono: 981 72 03 18/981 72 00 01.

c.5) Telefax: 981 72 16 27.

c.6) Correo electrónico: correo@malpicadebergantinos.es

c.7) Enderezo da internet no pefil do contratante: www/contratosdegalicia.es/consultaperfil.jsp), Plataforma de contratación da Xunta.

c.8) Data límite de obtención de documentación e información: ata 2 días naturais antes da finalización do prazo para a presentación de proposicións.

2. Obxecto do contrato:

a) Descripción do obxecto: suministración e instalación de luminarias e demais material auxiliar para a renovación das instalacións de iluminación pública exterior sita nos lugares do Piñeiro, A Feira Nova, Brión e As Pozacas.

b) Lugar de execución: Concello de Malpica de Bergantiños.

c) Prazo de execución: 1 mes a partir do seguinte ao de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: non prorrogable.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, cun único criterio de adxudicación: factor precio.

4. Orzamento de licitación: valor estimado: 27.512,67 €, ao que se engade 5.777,66 € en concepto de IVE (21 %), o que fai un prezo total de 33.290,33 €.

4.bis. Financiamento: para atender as obrigas económicas que derivan para o concello do cumprimento do contrato existe crédito no orzamento con cargo á aplicación 2015.165.633.00.

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: o 5 % do prezo de adxudicación (excluído o IVE).

6. Requisitos específicos do contratista: véxase cláusula 3 e 4 do prego.

7. Presentación ofertas:

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 15 días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP da Coruña, no perfil do contratante ou no DOG.

b) Modalidade de presentación: presencial (b.1.) ou por correo (b.2.):

b.1.:

– Dependencia: Rexistro Xeral do Concello.

– Localidade e código postal: avenida Emilio González, 1 (Malpica de Bergantiños, 15113).

b.2.: Oficina de Correos: en horario da oficina correspondente.

b.2.1. Comunicación do envío por medio de oficina de Correos:

– Domicilio da entidade contratante: avenida Emilio González, 1, 15113 Malpica de Bergantiños.

– Nº de fax da entidade contratante 981 72 16 27.

c) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.

8. Apertura de ofertas: Concello de Malpica de Bergantiños (salón de plenos).

– Enderezo: avenida Emilio González, 1 (Malpica de Bergantiños, 15113).

9. Gastos de publicidade: os gastos que xeren os anuncios cun máximo de 1.000 euros.

Malpica de Bergantiños, 25 de xaneiro de 2017

Eduardo José Parga Veiga
Alcalde