Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2017 Páx. 8524

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (335/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 335/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Raquel Figueiras Romero contra Copás, Sociedad Cooperativa Gallega e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

Sentenza: 42/2017.

PO. Procedemento ordinario 335/2015

Procedemento de orixe: monitorio 832/2014

Sobre: ordinario

Demandante: Raquel Figueiras Romero

Avogado: Fernando Escariz Fernández

Demandados: Copás, Sociedad Cooperativa Gallega, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

Avogado: Fogasa

Sentenza.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2017.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 335/2015, sendo parte nel, como demandante, Raquel Figueiras Romero, asistida pola letrada Sra. Suárez Varela, e, como demandados, Sociedad Cooperativa Gallega Copás, que non comparece malia a súa citación en legal forma, ao igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base no seguinte:

Resolvo:

Estímase a demanda interposta por Raquel Figueiras Romero contra Sociedad Cooperativa Gallega Copás e, en consecuencia, condénase a demandada a aboarlle á demandante a cantidade de 3.971,84 euros máis o 10 % de xuro por mora. Todo isto sen prexuízo da responsabilidade, de ser o caso, do Fogasa.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Modo de impugnación. Advírteselles ás partes que contra esta resolución poderán interpor recurso de suplicación, perante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou habente causa seu, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto a nome desta oficina xudicial, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de Depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola dita cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

Para que sirva de notificación en legal forma a Copás, Sociedad Cooperativa Gallega, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza