Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2017 Páx. 8517

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (941/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 941/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ángel Ramón Fernández Hermo contra Comercial Xanquei, S.L. e outros, se ditou, con data do 28 de decembro de 2016, a seguinte sentenza cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

Resolvo: estímase substancialmente a demanda interposta por Jesús María Regueiro Chico contra Fogasa e, en consecuencia, declárase o dereito do demandante a percibir a cantidade reclamada de 3.668,33 euros da cal deberá responder o organismo demandado Fogasa, e condeno as demandadas a se ateren a esta declaración.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que, ao tempo de anuncialo, acredite a parte que non teña o carácter de traballador ou habente causa seu ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou que non goce do beneficio de xustiza gratuíta, ter consignado como depósito a cantidade de 300 € na conta deste xulgado, así como acreditar, ao anunciar o recurso, ter consignado na Conta de depósitos e consignacións aberta a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena. Poderase substituír a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se deberá facer constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentas de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no número 4 do artigo 229 da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS).

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

Así mesmo, ditouse, con data do 1 do febreiro de 2017, auto aclaratorio cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

Parte dispositiva:

Aclárase e rectifícase a resolución ditada nestes autos o día 28 de decembro de 2016 no sentido de que, onde di: Jesús María Regueiro Chico, debe dicir: Ángel Ramón Fernández Hermo. No demais debe permanecer invariable a resolución ditada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, contra a cal non cabe recurso.

Así o acorda e asina a maxistrada Sandra María Iglesias Barral. Dou fe.

Para que sirva de notificación en legal forma a Comercial Xanquei, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza