Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2017 Páx. 8509

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de notificación de sentenza (321/2016).

PO procedemento ordinario 321/2016

Sobre ordinario

Demandante: Diego Prado Salgueiro

Avogada: Patricia Rivas Villa

Demandados: Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., Fondo de Garantía Salarial

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 321/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Diego Prado Salgueiro contra a empresa Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva di o seguinte:

«Estimo a demanda interposta por Diego Prado Salgueiro contra a empresa Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A e condeno a demandada a aboar a aquel a seguinte cantidade: 3.138 euros, máis 10 % xuro por demora ex art. 29.3 do ET, no que atinxe ás cantidades de natureza salarial.

Coa intervención do Fogasa.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os arts. 191 e seguintes a Lei reguladora da xurisdición social, o cal se debe anunciar dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza; a recorrente debe consignar, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no art. 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal do Banesto desta cidade, baixo a denominación “depósitos e consignacións”, co numero 5081, especificando a clave 65 ao tratarse dun recurso de suplicación.

Así mesmo, e coa excepción prevista no art. 230 do texto mencionado, será indispensable probar no momento do anuncio do recurso, ter consignado na conta anteriormente citada a cantidade obxecto de condena, ben que se pode asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

Así o pronuncio, mando e asino por esta sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma á Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 30 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza