A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña acordou a incoación do expediente sancionador XC-02869-O-2016 e tres máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.
Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.
Son informadas de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.
Outórgaselles un prazo quince días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente e presentaren ou proporen as probas que consideren oportunas.
No suposto de que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.
A Coruña, 26 de xaneiro de 2017
César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña
ANEXO
Expediente Matrícula |
Denunciado DNI/CIF |
Infracción denunciada Data-Hora-Estrada-p.q. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción proposta |
XC-02869-O-2016 7541-CSZ |
Pescados Leiviña, S.L. B15858145 |
Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo. 3.10.2016; 12.50; AP9; 1,3 |
Art. 142.8 LOTT |
Art. 143.1.b) LOTT |
201 euros |
XC-03144-O-2016 CC-6593-K |
Francisco Javier Álvarez Agrelo 33283410H |
O exceso igual ou superior ao 5 por cento e inferior ao 15 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 13 por cento. 5.11.2016; 14.37; A54; 93,0 |
Art. 142.2 LOTT |
Art. 143.1.c) LOTT |
400 euros |
XC-03160-O-2016 4935-CVW |
Transportes Enjamio, S.L. B70129226 |
Realizar transporte público ao abeiro dunha autorización caducada, revogada ou que por calquera outra causa perda a súa validez. 13.11.2016; 16.58; N-634; 666,0 |
Art. 140.1 LOTT |
Art. 143.1.i) LOTT |
4.001 euros |
XC-03167-O-2016 5176-HTN |
Freire Rodríguez María del Carmen 32768985B |
Realizar transporte privado complementario de mercadorías sen levar a bordo do vehículo o orixinal da copia certificada (autorización de transporte). 14.11.2016; 12.21; N634; 709,5 |
Art. 142.8 LOTT |
Art. 143.1.b) LOTT |
201 euros |