A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia. En virtude diso,
DISPOÑO:
Primeiro. Quedan aprobados os prezos de venda ao público das publicacións editadas por esta consellería e que se relacionan no anexo.
Segundo. Estes prezos entenderanse, de ser o caso, co IVE incluído.
Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2017
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO
– A contemplación do invisible: Iconas rusas. Colección Santos-Illueca. 1,20 €.
– Carlos López García-Picos: Música a orillas del Atlántico. 20 €.
– Colección vitivinícola 2: A tonelería. 14 €.
– A arte de navegar: A colección de Antonio Rama. 10 €.
– El arte de navegar: La colección de Antonio Rama. 10 €.
– A contemplación do invisible: Iconas rusas. Colección Santos-Illueca. 30 €.
– A familia de Pascual Duarte. 20 €.
– Antoni Socías: Teoría y práctica del desierto. 30 €.
– Lingua, pobo e terra. Estudos en homenaxe a Xesús Ferro Ruibal. 24,50 €.
– A pesca fluvial a través da colección do Museo Etnolóxico. 5 €.