Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2017 Páx. 9898

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2016/611-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Frigoríficos de Galicia, S.A.

Domicilio social: A Riouxa, s/n, Teis, 36216 Vigo.

Denominación: fotovoltaica en A Riouxa, Teis.

Situación: Vigo.

Características técnicas: instalación fotovoltaica de autoconsumo cunha potencia nominal de 370,5 kWP. Consta de 506 módulos e 6 inversores, de 50 kW de potencia cada un, instalados sobre a cuberta dunha nave industrial, cunha superficie de 2.005 metros cadrados, situada na Riouxa, Teis, Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte (20) días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 26 de decembro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra