Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2017 Páx. 9968

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vigo

ANUNCIO de convocatoria de praza de persoal laboral fixo.

A Autoridade Portuaria de Vigo, ao amparo do establecido no Real decreto 196/2015, do 22 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2015, convoca probas selectivas para cubrir unha (1) praza de persoal laboral fixo polo procedemento de concurso-oposición:

– 1 técnico de seguridade.

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web www.apvigo.es e no taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vigo, praza da Estrela, nº 1, e na páxina web www.administracion.gob.es (060).

As solicitudes deberán presentarse, no prazo de 20 (vinte) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, no Rexistro Xeral da Autoridade Portuaria de Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, nos rexistros aos que se refire o artigo 16.4 da Lei 39/2015, ou telematicamente a través da páxina web https://sede.apvigo.gob.es. Se o último día do prazo coincidise en sábado, domingo ou festivo, este finalizará no seguinte día hábil.

Vigo, 20 de febreiro de 2017

Beatriz Colunga Fidalgo
Directora da Autoridade Portuaria de Vigo