Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2017 Páx. 9869

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4125/2016).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4125/2016 desta sección, seguido por instancia de Gustavo Antonio Martínez Fernández, Eladio López Graña e Noelia Vázquez Piñeiro contra o Fogasa, Indika Auditoría e Inspección, S.L. e Axoca Grupo de Inspección y Control de Seguridad Industrial, S.L., sobre incidentes de execución, se ditou a resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal que segue:

«Resolvemos:

Que, rexeitando o recurso de suplicación interposto polos demandantes-executantes Noelia Vázquez Piñeiro, Gustavo Antonio Martínez Fernández e Eladio López Graña, contra o auto do Xulgado do Social número 2 de Ferrol, do 5 de maio de 2016, que denegou a extensión da presente execución contra a empresa Indika, Auditoría e Inspección, S.L., debemos confirmar e confirmamos a referida resolución.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, aos cales se lles fará saber que contra esta só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza, de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social. E unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándoa ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á entidade Axoca Grupo de Inspección y Control, en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza