Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2017 Páx. 9941

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 22 de decembro de 2016 polo que se fai pública a proposta de resolución ditada no expediente sancionador DH.D15.52371, en materia de verteduras de augas residuais.

No 13 de decembro de 2016 ditouse proposta de resolución no expediente sancionador de referencia seguido contra Olimpia Brea López (TM Carral) pola comisión dunha infracción de carácter leve en materia de verteduras de augas residuais, tipificada no artigo 85.e) da Lei 9/2010.

Intentada a notificación da devandita proposta de resolución por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolto polo servizo de Correos. Por tanto, e de acordo co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante o presente anuncio notifícase a proposta de resolución ao interesado e fáiselle saber que unha copia dela está á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo de quince (15) días, contado a partir do día seguinte o día desta publicación no Boletín Oficial del Estado, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do devandito acordo, tempo durante o cal poderá presentar as alegacións que considere oportunas.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2016

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia