Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2017 Páx. 10307

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 14 de febreiro de 2017 polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia nun procedemento de incautación de garantía contractual (expediente C-2004/705).

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia da resolución pola que se acorda a incautación da garantía por danos e vicios ocultos no contrato de redacción do proxecto e obra de construción de 35 VPP, garaxes e rochos, construídos na rúa Telleiras, Narón, A Coruña (expediente C-2004/705).

O acto obxecto de notificación adoptouno a Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

A comparecencia para coñecer o texto íntegro do acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Área Central, s/n, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2017

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

C-2004/705

Patricia Pinto Blanco