De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese a dar publicidade á parte substantiva do acordo adoptado polo xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Coruña:
«Primeiro. Iniciar o procedemento de reintegro das bolsas concedidas, identificadas no anexo desta resolución.
Segundo. Pór á disposición dos interesados os expedientes para que, consonte o previsto no artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de 10 días, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no BOE, aleguen e presenten os documentos e xustificacións que coiden pertinentes ante a Sección de Bolsas da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 9º, da Coruña.
Transcorrido este prazo, a Dirección Xeral de Formación e Orientación Universitaria do Ministerio de Educación, de ser o caso, ditará resolución que determine tanto a procedencia do reintegro como a liquidación dos xuros de demora correspondentes desde o momento do pagamento da bolsa.
Non obstante, no suposto de que o interesado estea conforme coa obriga do reintegro, poderá facer efectivo este en calquera banco ou caixa de aforros, facendo uso dos documentos habilitados para o efecto, e darase así por concluído o expediente.
No mesmo prazo poderá solicitar na súa delegación do Ministerio de Economía y Facenda o aprazamento ou fraccionamento do pagamento. Neste último caso, a solicitude de aprazamento considerarase un recoñecemento da débeda.
A Coruña, 30 de xaneiro de 2017
Indalecio Cabana Leira
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Interesada: Baamran, Layla.
NIE: X8912756A.
Importe: 260,00 €.
Curso: 2014/15.
Causa: 1.10.
Interesada: Chedas Castro, Lidia.
NIF: 79345923V.
Importe: 2.187,99 €.
Curso: 2014/15.
Causa: 1.10.
Interesado: Feal Castro, Daniel.
NIF: 32726132F.
Importe: 260,00 €.
Curso: 2014/15.
Causa: 1.1.
Interesado: Salazar Delisle, Reinaldo Ángel.
NIF: 58020388J.
Importe: 1.500,00 €.
Curso: 2014/15.
Causa: 1.1.
Interesada: Curt, Mariana Luciana.
NIE: Y0463995F.
Importe: 1.376,00 €.
Curso: 2015/16.
Causa: 7.26.