Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2017 Páx. 10281

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 14 de febreiro de 2017, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación dos montes Casal e outros, solicitado a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Salvador de Budiño, da parroquia de San Salvador de Budiño (O Porriño), e se abre un período dun mes para a práctica de alegacións.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 30 de xuño de 2015 acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común dos seguinte montes:

Concello: O Porriño.

Parroquia: San Salvador de Budiño.

1. Nome do monte: Casal.

Cabida: 11.174,00 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte: Rocas Europea de Construcción, S.A. e Estrellas Romero Caballero.

Sur: Centro Tecnológico de Automoción de Galicia.

Leste: María Luisa Pérez Páramos, Estrellas Romero Caballero e estrada.

Oeste: zona deportiva do polígono industrial da Granxa.

2. Nome do monte: A Lagoa.

Cabida: 13.907,00 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte: Xial, S.A.

Sur: José Besada González, Aníbal Represas Castro, Barbara Oliveira Besada, Carmen González Rodríguez e Feliciano Besada González.

Leste: camiño público, Severino Guisande González e Hortensio Guisande López.

Oeste: camiño.

3. Nome do monte: Pozo Negro ou Gándaras de Prado.

Cabida: 10.168,00 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte: estrada, Mª Josefa Fernández Fernández e Jesusa Alonso Pereiro.

Sur: José Pérez González e outros.

Leste: camiño.

Oeste: estrada, Mª Josefa Fernández Fernández.

4. Nome do monte: Picouzo.

Cabida: 1.025,00 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte: estrada.

Sur: estrada.

Leste: estrada.

Oeste: Cristina Correa Sanjuán e Sonia Correa Sanjuán.

5. Nome do monte: Trapa.

Cabida: 21.384,00 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte: Casilda Estévez Pérez e outros.

Sur: estrada.

Leste: Manuel Alonso Domínguez e outros.

Oeste: Ignacio Cabaleiro Fernández e estrada.

6. Nome do monte: Cerquido ou Torreiro do Cerquido.

Cabida: 5.135,00 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte: camiño e Antonio Toucedo Gómez.

Sur: Baldomero Fernández Castiñeira.

Leste: Manuel Estévez Besada e outros, e camiño.

Oeste: camiño público.

7. Nome do monte: Cruz.

Cabida: 1.134,00 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte: camiño público.

Sur: estrada.

Leste: camiño.

Oeste: Hermosinda Alonso Vila e outros.

8. Nome do monte: Gándaras de Prado ou Reloas.

Cabida: 11.685,00 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte: estrada.

Sur: Grupimar, S.A.

Leste: camiño público.

Oeste: estrada.

9. Nome do monte: Muíño do Vento ou Moreiras.

Cabida: 10.309,00 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte: estrada.

Sur: camiño.

Leste: Amador Fernández Pérez e outros.

Oeste: Concepción Pérez Besada e outros.

10. Nome do monte: Picouzo.

Cabida: 724,00 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte: estrada.

Sur: estrada.

Leste: Ángel Vila Lemos.

Oeste: estrada.

11. Nome do monte: Coto de Labradelas ou Fonteiriñas.

Cabida: 1.490,00 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte: José Domínguez Amil e outros.

Sur: estrada.

Leste: José Domínguez Amil

Oeste: estrada.

12. Nome do monte: Tomadiñas ou Gándaras de Prado.

Cabida: 1.267,00 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte: estrada.

Sur: Primitivo Guisande Alonso.

Leste: estrada.

Oeste: estrada.

13. Nome do monte: A Brava ou Trapa.

Cabida: 13.983,00 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte: descoñecido.

Sur: José Pérez Alonso e outros.

Leste: liña do termo municipal entre O Porriño e Salceda de Caselas.

Oeste: camiño.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados, para os efectos de abrir un período dun mes de duración para que se poida examinar o expediente e aducir durante este tempo o que se considere procedente en relación cos montes de referencia, así como presentar cantas alegacións, documentos ou información consideren conveniente e, se for o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 14 de febreiro de 2017

Xosé Antonio Morgade Martínez
Instrutor