En cumprimento do establecido no artigo 87 de la Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, faise público para o seu coñecemento xeral que a entidade Palo Santo Sociedad Cooperativa Galega, en asemblea xeral universal que tivo lugar o 31 de outubro de 2016, na súa sede social sita na Tiñaz, nº 6, Os Vilares, Guitiriz, adoptou, por unanimidade, entre outros, os seguintes acordos:
– Aprobar a disolución da cooperativa.
– Nomear liquidadores a: Ángel Río Díaz, Ángel Lobeiras Paz e Nicolás Sánchez Calvo.
– Facultar os liquidadores para que realicen as xestións necesarias para a inscrición dos acordos indicados no Registro Central de Cooperativas.
Guitiriz, 30 de xaneiro de 2017
Ángel Río
Ángel Lobeiras
Nicolás Sánchez
Liquidadores