Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 1 de marzo de 2017 Páx. 10602

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2016/109-2, 8418 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: parque empresarial As Gándaras, r/ A, parcela U2, Lugo.

Denominación: reforma e telemando CD Manzano 1 (4641).

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

1. Reforma do CT existente non prefabricado Manzano 1, cunha potencia máxima admisible de 630 kVA e unha potencia instalada de 250 kVA, no cal se realiza un depósito de recollida de aceite, desmontaxe de embarrados, aparellaxe, ferraxes e anteparos, construción dun anteparo de protección de transformador, pintado de paredes, chan e teito, bancada para soporte de celas SF6, montaxe dunha nova porta con reixa de ventilación. Instálanse dúas celas de liña, unha de protección do transformador, un circuíto de terras interior, circuíto de emerxencia e iluminación, armario de BT e ampliación.

2. Telemándanse dúas celas de liña correspondentes a LMT dirección CD rúa Mazaira e LMT CD rúa Fontes 2.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 7 de febreiro de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo