Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 1 de marzo de 2017 Páx. 10339

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

ORDE do 31 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para propietarios de buques pesqueiros, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se convoca para o ano 2017 o dito procedemento, tramitado como expediente anticipado de gasto.

O Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello (DOUE L347, do 20 de dembro de 2012) (en diante, disposicións comúns dos fondos EIE); e o Regulamento (UE) nº 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014, relativo ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e polo que se derrogan os regulamentos (CE) nº 2328, (CE) nº 861/2006, (CE) nº 1198/2006 e (CE) nº 791/2007 do Consello, e o Regulamento (UE) nº 1225/2011 do Parlamento Europeo e do Consello (DOUE L149, do 20 de maio de 2014), constitúen o marco de financiamento comunitario para o período 2014-2020, que, entre outros, ten como obxectivo apoiar actuacións que fomenten un sector da pesca sustentable e respectuoso co ambiente para acadar os obxectivos da política pesqueira común (PPC) en consonancia cos obxectivos da estratexia de Europa 2020. Por outra banda, mediante a Decisión do 13 de novembro de 2015, a Comisión aprobou o programa operativo para España do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca para os efectos de concesión de axudas do dito fondo neste Estado membro, de maneira que este contribúe á estratexia da UE para un crecemento intelixente, sustentable e integrador e á consecución dos obxectivos temáticos seleccionados e as prioridades da Unión.

O sector da pesca constitúe un sector estratéxico para o desenvolvemento da nosa Comunidade, que ten o reto de contribuír á consecución de determinados obxectivos temáticos do Marco estratéxico común. Ademais, este sector ten que aproveitar ao máximo os fondos deste marco para acadar os novos retos que se formulan e, neste senso, tanto o sector extractivo como o sector transformador terán que aproveitar todas as posibilidades que brindan estes instrumentos para acadar o obxectivo de sector competitivo, sustentable e respectuoso co ambiente.

En cumprimento das citadas disposicións, e dada a importancia económica e social da pesca en gran parte da franxa costeira da Comunidade Autónoma de Galicia, ditouse a Orde do 23 de setembro de 2016 (DOG núm. 187, do 30 de setembro), pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para propietarios de buques pesqueiros cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se convocan para o ano 2017.

A aplicación práctica da citada orde, así como cambios normativos, aconsellan a modificación de aspectos puntuais do seu articulado, que non afectan os aspectos esenciais dela pero que pretenden achegar unha maior comprensión de cara á potencial persoa beneficiaria e mesmo aos órganos xestores das axudas. Consecuentemente, para esta mellor comprensión e para facilitar a consulta e o manexo por parte dos interesados, publícase íntegro o contido das bases reguladoras, que substitúen as aprobadas mediante a Orde da Consellería do Mar do 23 de setembro de 2016.

O artigo 1, 1.1 da Orde do 11 de febreiro de 1998 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro), sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada pola Orde do 27 de novembro de 2000 (DOG núm. 231, do 29 de novembro) e pola Orde do 25 de outubro de 2001 (DOG núm. 209, do 29 de outubro), establece que os expedientes de gasto relativos a subvencións se poderán iniciar sempre que as necesidades que se teñan que satisfacer poidan ser razoablemente previstas anticipadamente no exercicio inmediatamente anterior ao dos orzamentos con cargo aos cales se vaian imputar os correspondentes gastos, mesmo cando a súa execución se realice nunha ou en varias anualidades; no primeiro caso, sempre que exista crédito adecuado e suficiente no proxecto dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma aprobado polo Consello da Xunta que corresponda ao exercicio orzamentario en que se vaia materializar contraprestación, e no segundo, sempre que exista crédito para a primeira anualidade e que se cumpran os requisitos do artigo 58 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Ademais, o artigo 3, 3.3 estende expresamente esta posibilidade de tramitación anticipada aos expedientes relativos ás bases reguladoras ou convocatorias de axudas derivadas da aplicación de regulamentos comunitarios con financiamento procedente de fondos europeos, sempre que exista regulación das axudas pola Unión Europea ou de ámbito estatal ditada en desenvolvemento ou transposición dela e existan compromisos de financiamento destinados á aplicación das correspondentes medidas.

Por todo isto, e de acordo co disposto nos artigos 30.1º.3 e 27.15 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa de aplicación,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas destinadas á realización de actuacións por parte de propietarios de buques pesqueiros para fomentar unha pesca sustentable desde unha perspectiva ambiental, socialmente responsable, baseada no coñecemento e competitiva.

Artigo 2. Definicións

a) Para os efectos desta orde, establécense as seguintes definicións:

– Buques de 3ª lista que pesquen en augas interiores: buques de artes menores segundo as artes que teñan no seu Permex (permiso de explotación) e que realicen unha actividade marisqueira competencia da Comunidade Autónoma de Galicia ou unha actividade pesqueira exclusivamente en augas interiores de Galicia.

– Innovación a bordo: investimentos novos ou substancialmente mellorados que non se estean a aplicar no buque nin maioritariamente no segmento a que pertence.

– Proxecto vinculado: para os efectos da axuda para a limitación do impacto da pesca no medio mariño (primeira alínea do artigo 3 desta orde), entenderase por proxectos vinculados cando o 10 % dos buques dun mesmo caladoiro, segmento e porto base soliciten o mesmo investimento. Para que un proxecto teña esa consideración deberá figurar o nome de todos os buques no anexo VIII.a e asinar cada propietario que forme parte do proxecto vinculado o compromiso de realizar o investimento.

b) Para as definicións non incluídas na letra a) aplicaranse as definicións dos regulamentos (UE) nº 1303/2013, relativo ás disposicións comúns dos fondos EIE e Regulamento (UE) nº 508/2014, relativo ao FEMP e, no seu defecto, demais normativa de aplicación.

Artigo 3. Finalidade das axudas

As axudas terán como finalidade realizar investimentos:

– Que limiten o impacto da pesca no medio mariño e adaptación da pesca á protección das especies.

– Que melloren a hixiene, saúde, seguridade e condicións de traballo en buques pesqueiros.

– En eficiencia enerxética e mitigación do cambio climático.

– En paralización definitiva de buques que pesquen en augas interiores.

– Que aumenten o valor engadido, calidade dos produtos e utilización de capturas non desexadas.

Artigo 4. Crédito orzamentario

1. Para o ano 2017 as axudas concederanse con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias que figuran dotadas no proxecto de orzamento de gastos da Consellería do Mar para o ano 2017, e será o importe total máximo das subvencións que se concedan no dito exercicio orzamentario para cada unha delas, segundo a finalidade, o seguinte:

14.02.723A.770.0, código de proxecto 2016.00254 (limitar o impacto da pesca no medio mariño e adaptación da pesca á protección das especies): 215.000 €.

14.02.723A.770.6, código de proxecto 2016.00279 (mellorar a hixiene, saúde, seguridade e condicións de traballo): 272.000 €.

14.02.723A.770.4, código de proxecto 2016.00275 (mellorar a eficiencia enerxética e mitigar o cambio climático): 1.020.000 €. Ademais, nesta liña de actuación, destinaranse para substitución de motores: 171.000 € (14.02.723A.770.3, código de proxecto 2016.00274).

14.02.723A.770.2, código de proxecto 2016.00283 (paralización definitiva das actividades pesqueiras): 139.926,40 €.

14.02.723A.770.5, código de proxecto 2016.00278 (aumentar o valor engadido, a calidade dos produtos e utilización de capturas non desexadas): 875.000 €.

2. O período de elixibilidade do actual programa operativo (2014-2020) abrangue desde o 1 de xaneiro de 2014 ata o 31 de decembro de 2023, segundo dispón o artigo 65, punto 2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas aos fondos EIE.

3. O importe fixado na presente convocatoria, así como as aplicacións a que se impute, poderase ampliar no caso de que exista crédito dispoñible derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, de remanentes doutras convocatorias ou en calquera dos casos e coas condicións establecidas no número 2 do artigo 30 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia (Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro), sen que iso dea lugar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes, salvo indicación expresa en contrario na orde en que se publique para o efecto.

4. A concesión das axudas queda condicionada á efectiva existencia de crédito axeitado e suficiente no momento da resolución.

5. As axudas mencionadas contan co financiamento do FEMP nun 75 % e do Estado membro (Comunidade Autónoma de Galicia) nun 25 %, excepto para a paralización definitiva, compensación por paralización definitiva e substitución de motores, en que o cofinanciamento do FEMP é nun 50 % e do Estado membro (Comunidade Autónoma de Galicia) noutro 50 %.

6. Poderanse adquirir compromisos de carácter plurianual de acordo co artigo 58 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

7. A tramitación deste expediente acóllese á Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000, e de outubro de 2001, que regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, polo que a aprobación do expediente queda condicionada á efectiva existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos definitivos da Comunidade Autónoma para 2017.

Artigo 5. Persoas beneficiarias e requisitos xerais

Poderán ser persoas beneficiarias persoas físicas, xurídicas ou pluralidade de persoas físicas que cumpran os seguintes requisitos:

1. Ser propietario dun buque de 3ª lista do Rexistro de Matrícula de Buques e Empresas Navieiras.

2. O buque debe ter o seu porto base na Comunidade Autónoma galega e estar de alta no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia e no Rexistro Xeral da Frota Pesqueira.

3. O buque para o cal solicita axuda debe ter constituído un seguro que garanta a cobertura de danos a terceiros.

4. No caso de buques cuxa primeira venda dos produtos que captura sexa en fresco e, polo tanto, obrigatoria en lonxa, o volume de vendas que se obteña da suma das notas de venda durante o ano anterior ao da convocatoria deberá ser superior ao 50 % da media obtida para ese porto base e polo segmento de frota que figura no Rexistro de Buques Pesqueiros de Galicia (RBPG).

5. No caso de buques para os cales a primeira venda dos produtos que captura non sexa obrigada en lonxa, o buque debe dispor da autorización para realizar a dita venda e debe transmitilas ao órgano competente.

6. O buque non pode ter unha resolución desfavorable de regularización, salvo que posteriormente se regularizase, para o cal deberá asinar o anexo IV.

7. Os investimentos para os cales se solicite axuda non poderán estar iniciados antes de que se acredite o non inicio nos termos indicados no artigo 12 desta orde e non poderán estar finalizados, con independencia dos pagamentos realizados antes da data de presentación da solicitude.

8. O investimento non poderá aumentar a capacidade de pesca do buque nin que o equipo aumente a capacidade de detectar peixe.

9. Non ter pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións nin sanción firme pendente de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira.

10. Non poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

11. Non ter cometido infracción grave:

– Da PPC definida como tal en actos lexislativos do Parlamento Europeo e do Consello.

– Do Regulamento (UE) nº 1005/2008 do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, e do Regulamento (UE) nº 1224/2009 do Consello, polo que se establece un réxime comunitario de control, durante os 12 meses anteriores á data da presentación de solicitudes, se o operador ten nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento UE) nº 404/2011. Cada punto de infracción acumulado que se engada aos nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento (UE) nº 404/2011 suporá un mes adicional de inadmisibilidade da axuda por punto acumulado.

12. No marco do FEP ou FEMP, non ter sido declarado culpable de cometer fraude, segundo a definición do artigo 1 do Convenio relativo á protección dos intereses financeiros das Comunidades Europeas (DOUE serie C 316, do 27 de novembro de 1995).

13. Non estea nin estivese nos últimos 24 meses involucrado na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR (pesca ilegal non declarada e non regulamentada) ou de buques que nin estean nin estivesen nos últimos 12 meses enarborando o pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes, ao abeiro do Regulamento (CE) nº 1005/2008 do Consello, do 29 de setembro, polo que se establece un sistema comunitario para previr, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada.

14. Antes de que se dite a proposta de resolución de concesión, deben estar ao día nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

15. Á solicitude xuntarase unha declaración responsable por parte do solicitante, do representante ou apoderado, do cumprimento dos requisitos establecidos nos puntos 9 a 14 deste artigo.

16. Non poderán ser beneficiarias destas axudas as comunidades de bens. Tampouco poderán ser beneficiarias as sociedades civís, salvo que se constitúan en escritura pública ou documento privado e se manifesten, neste último caso, como sociedade civil ante a AEAT, mencionándoo así no acordo de vontades, en cuxo caso terán outorgado un NIF «J», que indica que os seus pactos non se manteñen en segredo.

Artigo 6. Requisitos específicos das persoas beneficiarias

Sen prexuízo do anterior, segundo o tipo de axuda, a persoa beneficiaria deberá cumprir os seguintes requisitos:

a) Se a finalidade é «limitar o impacto da pesca no medio mariño e adaptación da pesca á protección das especies»: o buque debe ter unha actividade pesqueira no mar de cando menos 60 días durante os dous anos civís anteriores á data de presentación da solicitude da axuda.

b) Se a finalidade é «mellorar a eficiencia enerxética e mitigar o cambio climático»: debe ter investimentos recollidos no Regulamento (UE) nº 2015/531 da Comisión, do 24 de novembro de 2014 (DOUE L86, do 31 de xuño de 2014), excepto no caso de substitución de motores.

Neste último caso, para a substitución ou modernización do motores principais ou auxiliares é preciso que:

– O buque pertenza a un segmento en equilibrio coas posibilidades de pesca segundo o artigo 22 do Regulamento (UE) nº 1380/2013, do 11 de decembro de 2013, sobre a política pesqueira común. Este feito comprobarao a Administración de oficio mediante informe da Secretaría Xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.

– O motor terá que ser certificado oficialmente de acordo co artigo 40, alínea 2, do Regulamento (CE) nº 1224/2009. Se o buque non ten que presentar certificación de potencia, verificarase a coherencia da potencia do motor de conformidade co artigo 41 do Regulamento (CE) nº 1224/2009 e inspeccionarase fisicamente para garantir que a potencia do motor non supera a establecida nas licenzas de pesca.

Ademais, a axuda destinada á substitución ou modernización de motores principais ou auxiliares poderá concederse soamente:

– Aos buques de ata os 12 m de eslora total: a potencia (kW) do motor novo ou modernizado sexa igual ou inferior á do motor existente.

– Aos buques de entre 12 m e 18 m de eslora total: a potencia (kW) do motor novo ou modernizado sexa cando menos un 20 % menor ca do motor existente.

– Aos buques de entre 18 m e 24 m de eslora total: a potencia (kW) do motor novo ou modernizado sexa cando menos un 30 % menor ca do motor existente.

Para as axudas recollidas na letra b) o buque debe ter unha idade mínima de 5 anos.

c) Se a finalidade é a paralización definitiva de buques:

– Que a paralización estea incluída no programa operativo e que estea prevista como un instrumento do plan de acción regulado no artigo 22.4 do Regulamento (UE) nº 1380/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro, indicando que o segmento de frota non está en equilibrio coas posibilidades de pesca.

– Que o buque pesque en augas interiores, segundo a definición recollida nesta orde.

– O buque pesqueiro ten que ter 10 anos ou máis de antigüidade e unha actividade pesqueira no mar de cando menos 90 días no ano durante os dous anos civís anteriores á data de presentación da solicitude da axuda.

– Os 90 días ao ano no mar de actividade pesqueira deberán terse realizado na modalidade e caladoiro segundo a definición recollida nesta orde de buque de 3ª que pesca en augas interiores e que estea en desequilibrio segundo o informe de equilibrio do artigo 22 do Regulamento (UE) nº 1380/2013, do 11 de decembro, sobre a política pesqueira común, e permanecer na dita modalidade e caladoiro.

– O buque non teña cargas e gravames. Salvo que a súa cancelación estea suficientemente garantida ou se presente autorización para solicitar esta axuda, expresa e non sometida a condicións, emitida pola entidade crediticia ou pola persoa física ou xurídica titular do dereito garantido.

d) Se a finalidade é «aumentar o valor engadido, calidade dos produtos e utilización das capturas non desexadas»:

– O buque debe ter unha actividade pesqueira no mar de cando menos 60 días durante os dous anos civís anteriores á data de presentación da solicitude da axuda.

– O buque ten que ter unha idade mínima de 5 anos.

Ademais, se o aumento do valor engadido se realiza a través de investimentos innovadores a bordo que melloren a calidade das capturas, o buque ten que empregar artes selectivas que reduzan ao mínimo as capturas non desexadas.

O órgano xestor das axudas comprobará o cumprimento dos días de actividade pesqueira e de faena en augas interiores mediante sistemas de localización de buques. Se o buque non dispón destes dispositivos, a comprobación realizarase mediante a consulta dos datos dos rexistros oficiais de vendas. Tamén se poderán consultar outros medios que, a xuízo do dito órgano, acrediten suficientemente a actividade pesqueira e/ou a zona de faena da dita actividade.

Artigo 7. Obrigas xerais das persoas beneficiarias

As persoas beneficiarias destas axudas están obrigadas a:

a) Executar as actuacións obxecto da subvención dentro do prazo conferido para o efecto, e con cumprimento das condicións establecidas na respectiva resolución de concesión e demais normativa de aplicación.

b) Durante os cinco anos seguintes ao pagamento final á persoa beneficiaria, que será a data contable do último pagamento, esta non pode:

– Parar a actividade produtiva.

– Relocalizar a actividade produtiva fóra de Galicia.

– Cambiar a propiedade da infraestrutura ou dun elemento de infraestrutura de forma que proporcione unha vantaxe indebida e sen autorización expresa do órgano concedinte.

– Producir cambios substanciais que afecten a natureza, os obxectivos ou as condicións de execución da operación, de modo que se menoscaben os seus obxectivos orixinais.

A Consellería do Mar solicitará o reintegro da axuda de forma proporcional ao período durante o cal se incumprisen os requisitos.

Esta letra b) non será de aplicación ás axudas para a paralización definitiva de buques pesqueiros.

Se o investimento é en infraestruturas ou en investimentos produtivos, deberá reembolsarse integramente a axuda se, nos dez anos seguintes ao pagamento final á persoa beneficiaria, a actividade produtiva se somete a unha relocalización fóra da Unión, excepto cando a persoa beneficiaria sexa unha peme.

c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente ou calquera outra comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competente, tanto nacionais como comunitarios, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

d) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos durante un mínimo de cinco anos desde a percepción da data contable do último pagamento, para os efectos de comprobación e control. Cando proceda, deberá dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos exixidos na lexislación aplicable ás persoas beneficiarias.

e) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable específico en relación con todas as transaccións relacionadas coa subvención que permita seguir a pista de auditoría.

f) Comunicarlle á Consellería do Mar a obtención doutras subvencións e axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou ente, tanto públicos como privados.

g) Comunicarlle á Consellería do Mar calquera circunstancia que poida afectar substancialmente a execución dos fins para os cales foi concedida a axuda.

h) Dar a adecuada publicidade ao carácter público do financiamento do investimento realizado, con expresa mención á participación do Fondo Europeo e Marítimo de Pesca, nos termos regulamentariamente establecidos.

i) Durante os cinco anos seguintes ao pagamento final á persoa beneficiaria, esta non poderá ter cometido unha infracción grave da PPC nin do Regulamento (UE) nº 1005/2008, do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, e do Regulamento (UE) nº 1224/2009 do Consello, polo que se establece un réxime comunitario de control, non ter sido declarada culpable de cometer fraude nin estar incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR (pesca ilegal non declarada e non regulamentada) ou de buques que enarboren o pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes ao abeiro do Regulamento (CE) nº 1005/2008 do Consello, do 29 de setembro.

Artigo 8. Obrigas específicas das persoas beneficiarias

Sen prexuízo do anterior, segundo o tipo de axuda, a persoa beneficiaria deberá cumprir, ademais, os seguintes requisitos:

a) Para o caso de investimentos en saúde, hixiene, seguridade ou condicións de traballo na pesca que sexan consumibles (como, por exemplo, as menciñas) ou funxibles, non poderán encontrarse caducadas en ningún caso no período de cinco anos. Se a caducidade fose menor ou fosen consumidas nese período, a persoa beneficiaria deberá repoñelas; serán admisibles, para estes efectos, produtos cuxo efecto sexa similar ao ben subvencionado.

No caso de investimentos inmateriais (campañas informativas, formación...) a persoa beneficiaria deberá acreditar que toda a tripulación enrolada no buque durante o período de 5 anos accedeu á dita formación, e asume a persoa beneficiaria o custo da formación da nova tripulación enrolada. Tamén deberá existir unha actualización na formación, manuais, campañas, guías, análise de risco, etc., se o buque sufre unha modificación da infraestrutura, proceso, tecnoloxía... que afecte a finalidade do investimento subvencionado.

b) No caso de paralización definitiva, desde a data en que se notifique a resolución definitiva favorable de concesión da axuda, suspenderase totalmente a actividade pesqueira, e pasará o buque á situación de baixa provisional. A suspensión da actividade pesqueira deberá acreditarse a través da entrega do rol na Capitanía Marítima do porto no momento da chegada a el. Ademais, o propietario do buque beneficiario desta axuda non poderá rexistrar un buque pesqueiro no Rexistro de Buques e Empresas Navieiras ou en calquera outro rexistro de pavillón comunitario ou extracomunitario, nos cinco anos seguintes á data da recepción da axuda. No caso de persoas físicas, esta restrición estenderase aos seus familiares ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, así como a súa participación en persoas xurídicas que vaian rexistrar outros buques. No caso de persoas xurídicas, a restrición afectará os seus partícipes, que non poderán rexistrar un buque nin participar nunha sociedade que vaia rexistralo.

Artigo 9. Investimento máximo subvencionable e intensidade das axudas

1. As axudas reguladas nesta orde teñen o carácter de subvencións de capital e non constitúen axudas de Estado.

2. Nas axudas cuxa finalidade sexa a realización dun investimento, o importe do investimento subvencionable será o que se obteña da valoración das obras ou investimentos con criterios técnico-económicos, obxectivos e homoxéneos, de acordo cos informes emitidos.

3. Para as axudas de paralización definitiva das actividades pesqueiras de buques que pesquen en augas interiores, o investimento máximo subvencionable será o que figura no anexo VIII.

Terase en conta o arqueo bruto (GT) que figure na folla de asento do barco e que teña efectos pesqueiros, pero non computarán os incrementos de arqueo bruto (GT) consecuencia das obras de modernización sobre cuberta realizadas segundo o establecido nos artigos 9 e 10 do Regulamento (CE) nº 1013/2010 da Comisión, do 10 de novembro, polo que se establecen as normas de aplicación da política de frotas pesqueiras da Unión definida no capítulo III do Regulamento (CE) nº 2371/2002 do Consello, nos cinco anos anteriores desde a data de terminación do prazo de presentación das solicitudes de axudas.

4. A contía máxima da axuda será o 50 % do investimento máximo subvencionable a que se refire o punto 2 deste artigo, excepto para a paralización definitiva das actividades pesqueiras de buques que pescan en augas interiores, en que a intensidade da axuda será do 100 %.

Artigo 10. Investimentos obxecto de subvención e gastos subvencionables

1. Os investimentos que poderán ser obxecto de subvención son os seguintes:

A. Investimentos que limiten o impacto da pesca no medio mariño e adaptación da pesca á protección das especies:

– En equipos que aumenten a selectividade por tamaños ou especies das artes de pesca.

– A bordo ou en equipos para eliminar os descartes, evitando e reducindo as capturas non desexadas de poboacións comerciais ou para tratar as capturas non desexadas que deban desembarcarse de acordo co artigo 15 do Regulamento (UE) nº 1380/2013.

– En equipos que limiten e, se é posible, eliminen os efectos físicos e biolóxicos das actividades pesqueiras no ecosistema ou no fondo mariño.

– En equipos para protexer as artes de pesca e as capturas fronte aos mamíferos e ás aves protexidos pola Directiva 92/43/CEE ou pola Directiva 2009/147/CE do Parlamento Europeo e do Consello, sempre e cando non se limite a selectividade das artes de pesca e se apliquen todas as medidas adecuadas para evitar o dano físico aos predadores.

Só se poderán conceder unha vez en todo o período do FEMP para o mesmo tipo de equipo/investimento no mesmo buque.

B. Investimentos que melloren a hixiene, saúde, seguridade e condicións de traballo en buques pesqueiros, sempre que sexan máis exixentes cos requisitos establecidos na normativa da Unión Europea, na lexislación nacional ou na autonómica, que se refiran á:

• Hixiene:

a) Instalacións sanitarias tales como aseos e lavabos; b) cociñas e equipamentos de almacenamento de produtos alimenticios; c) depuradoras de auga para a produción de auga potable; d) equipos de limpeza para manter a bordo as condicións sanitarias adecuadas; e) guías e manuais para a mellora da hixiene a bordo, ferramentas informáticas incluídas.

• Saúde:

a) A compra e a instalación de caixas de primeiros auxilios; b) a compra de medicamentos e de dispositivos para tratamentos de urxencia a bordo; c) a subministración de servizos de telemedicina, incluídos os equipamentos, as tecnoloxías electrónicas e os dispositivos de imaxes médicas aplicados á consulta a distancia desde os buques; d) a adquisición de guías e manuais para mellorar a saúde a bordo; e) as campañas de información destinadas á mellora da saúde a bordo.

• Seguridade:

a) Balsas salvavidas; b) unidades de destrinca hidrostática para balsas salvavidas; c) radiobalizas de localización persoal que, como as radiobalizas de localización de sinistros (RBLS), se poidan integrar nos chalecos salvavidas e na roupa de traballo dos pescadores; d) dispositivos de flotación persoal, especialmente traxes de inmersión ou de supervivencia e aros e chalecos salvavidas; e) bengalas para sinais de socorro; f) aparellos lanzacabos; g) sistemas de salvamento en casos de «home á auga»; h) dispositivos de loita contra incendios, como extintores, mantas ignífugas, detectores de fume ou lume e aparellos de respiración; i) portas cortalumes; j) válvulas de peche do depósito de combustible; k) detectores de gas e sistemas de alarma de gas; l) bombas de achique e alarmas; m) equipamentos de radio e de comunicacións por satélite; n) zapóns e portas estancas; ñ) gardamáquinas tales como chigres ou estibadores de rede; o) pasarelas e escaleiras de acceso; p) iluminación de cuberta, de emerxencia ou para procuras; q) mecanismos de seguridade para os casos en que as artes de pesca queden bloqueados por algún obstáculo situado por debaixo da superficie; r) monitores e cámaras de seguridade; s) equipos e demais elementos necesarios para mellorar a seguridade da cuberta.

• Condicións laborais:

a) Varandas de cuberta; b) estruturas de cuberta de abrigo e elementos de modernización dos camarotes que protexan das condicións meteorolóxicas adversas; c) elementos para a mellora da seguridade dos camarotes e o establecemento de zonas comúns para a tripulación, especialmente dotadas de tecnoloxías que faciliten un acceso accesible da tripulación ás comunicacións, así como tamén a adaptación da habilitación do buque que facilite a incorporación da muller á tripulación; d) equipos para alixeirar o levantamento manual de cargas pesadas, con exclusión das máquinas utilizadas directamente nas operacións de pesca, como, por exemplo, os chigres; e) pintura e alfombras de goma antiescorregadiza; f) material de illamento contra o ruído, a calor ou o frío e equipamentos para mellorar a ventilación; g) roupas de traballo e equipamentos de seguridade tales como botas de seguridade impermeables, dispositivos de protección respiratoria e ocular, luvas e cascos de protección ou equipamentos de protección contra as caídas; h) sinais de emerxencia, de seguridade e de alerta; i) análise e avaliacións que determinen os riscos que corran os pescadores no porto ou durante a navegación co fin de adoptar medidas para previlos o reducilos; j) guías e manuais para a mellora das condicións de traballo a bordo.

Non serán subvencionables aqueles investimentos en que o importe da axuda ou aboamento á persoa beneficiaria resulte inferior a 600 euros.

Só se poderán conceder unha vez en todo o período do FEMP para o mesmo tipo de equipamento/investimento no mesmo buque.

C. Investimentos en eficiencia enerxética e mitigación do cambio climático:

• Investimentos en equipamento ou a bordo para reducir as emisións contaminantes ou de gases de efecto invernadoiro e incrementar a eficiencia enerxética dos buques pesqueiros. Os investimentos en artes de pesca serán tamén subvencionables sempre e cando non poñan en perigo a selectividade dese arte de pesca.

• Auditorías e programas de eficiencia enerxética.

• Estudos para avaliar a contribución dos sistemas de propulsión alternativos e do deseño dos cascos respecto da eficiencia enerxética dos buques pesqueiros.

• Substitución ou modernización dos motores principais ou auxiliares que pertenzan a un segmento de frota respecto do cal o informe de capacidade pesqueira a que se refire o artigo 22 do Regulamento (UE) nº 1380/2013 demostrase equilibrio coas posibilidades de pesca, sempre que se reduza a potencia do motor segundo se indica nos requisitos específicos para este tipo de axuda.

Só se poderán conceder unha vez en todo o período do FEMP para o mesmo tipo de equipamento/investimento no mesmo buque.

D. Paralización definitiva de buques que pesquen en augas interiores.

Tamén poderá ser subvencionable o custo real en que incorra a persoa beneficiaria para a materialización do despezamento no estaleiro. A persoa beneficiaria da axuda poderá dispor libremente dos equipamentos, artes e aparellos do barco. Nestas axudas descontarase o importe obtido pola venda das pezas do casco do barco como chatarra. Ademais, descontarase pro rata temporis o importe das axudas percibidas polo buque en concepto de paralización temporal, axuda inicial para a primeira adquisición dun buque de pesca (segundo o artigo 31.2 do Regulamento (UE) nº 508/2014) e investimentos a bordo ou en equipamento do buque, percibidas durante os cinco anos anteriores á solicitude da axuda por paralización definitiva, así como tamén se descontarán pro rata temporis as axudas percibidas por construción, proxecto piloto ou exportación, durante os 12 anos anteriores á data de solicitude da axuda. Tamén se minorará a cantidade percibida polo aseguramento do casco do buque, procedente de entidades aseguradoras en caso de sinistro, sempre que este se producise con posterioridade á data de notificación da resolución de concesión, xa que, no caso de que o sinistro fose antes, non terá dereito a percibir axuda para o despezamento.

E. Investimentos que aumenten o valor engadido, calidade dos produtos e utilización de capturas non desexadas:

• Investimentos que incrementen o valor dos produtos da pesca, en particular permitindo que os pescadores leven a cabo a transformación, comercialización e venda das súas propias capturas;

• Investimentos innovadores a bordo que melloren a calidade dos produtos da pesca.

2. Non serán subvencionables:

– As operacións que incrementen a capacidade de pesca dun buque ou o equipamento que aumente a capacidade do buque de detectar peixe.

– As construcións ou importacións de buques.

– A pesca exploratoria.

– O imposto do valor engadido (IVE) nin outros impostos recuperables.

– As transferencias de propiedade dunha empresa.

– Non se financiarán nin a construción nin a adquisición de elementos, infraestruturas, artefactos, instalacións e equipamentos que non supoña unha mellora substancial nos procesos de produción, na calidade dos produtos ou melloras para o ambiente.

– Os gastos de reposición de elementos, infraestruturas, instalacións e equipamentos nin os gastos de mantemento das estruturas ou empresas, salvo que a nova adquisición supoña unha mellora substancial, ben pola súa tecnoloxía utilizada, polo seu rendemento ou por unha mellora substancial nos procesos de produción ou na creación de emprego.

– As adquisicións de elementos, infraestruturas, instalacións e equipamentos de segundo uso e posteriores.

– A adquisición de elementos e todo tipo de bens pagados en efectivo ou aqueles pagados mediante préstamos non emitidos por entidades de crédito.

3. De ser o caso, serán subvencionables os gastos dos proxectos técnicos, que non poderán superar o límite do 12 % do investimento máximo subvencionable.

4. A elixibilidade das operacións basearase nos criterios de selección sinalados no artigo 113.a) do Regulamento (UE) nº 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio, relativo ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, aprobados polo Comité de Seguimento, e que segundo se indica na citada norma serán revisados de conformidade coas necesidades de programación.

Artigo 11. Compatibilidade das axudas

1. Os gastos cofinanciados pola presente orde serán compatibles con outras liñas de axudas, sempre que a suma de todas elas non supere o límite da intensidade máxima de axuda pública prevista no artigo 95 do Regulamento (UE) nº 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio.

2. Non obstante, a obtención concorrente de axudas outorgadas para a mesma finalidade polas administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, cando o importe total das subvencións percibidas por cada persoa beneficiaria supere os límites que se indican no punto anterior, dará lugar á redución proporcional que corresponda no importe das subvencións, ata axustarse a ese límite na última subvención que se vai conceder.

Artigo 12. Certificación de non inicio

1. Con carácter xeral, as actuacións para as cales se solicita axuda non poderán estar iniciadas antes da presentación da solicitude.

2. O non inicio do investimento acreditarase mediante certificación dos servizos da Consellería do Mar, certificación que se solicitará coa propia presentación da solicitude.

Para esta convocatoria poderanse admitir actas de non inicio realizadas ao abeiro da Orde do 23 de setembro de 2016 (DOG núm. 187), sempre e cando os investimentos non estean finalizados antes de presentar a súa solicitude de axuda para a presente convocatoria. Malia o anterior, non se admitirán estas actas se o solicitante renunciou á axuda unha vez concedida, non a aceptou ou foi declarado decaído ao dereito de cobramento.

3. Non precisarán da certificación a que fai referencia o apartado anterior:

a) Os investimentos que se refiren a instalacións de equipamentos que non requiran a autorización para a súa instalación, sempre que o investimento declarado polo interesado sexa igual ou inferior a 6.000 €.

b) A axuda para a paralización definitiva do buque.

Nestes supostos o non inicio das actuacións acreditarase mediante declaración responsable (anexo II) de que os investimentos non foron iniciados.

No caso de que estas actuacións se refiran a investimentos que requiran obras, precisarán da acta de non inicio realizada polos servizos da Consellería do Mar.

4. No caso de proxectos técnicos, o non inicio acreditarase mediante a factura, que poderá ser de data de ata tres meses antes da presentación da solicitude, salvo no caso de non inicio anticipadas, que terá que ser posterior á data de realización da dita acta.

5. Para a realización das actas de non inicio poderanse realizar convocatorias colectivas fixando unha data, un lugar e unha hora para a súa realización. Esta convocatoria exporase nos taboleiros de anuncios das xefaturas territoriais da Consellería.

6. Para realizar as actas de non inicio a persoa interesada deberá pór os medios necesarios que faculten a dita inspección, e asumirá os gastos que deriven dela. Tamén se aplicará isto para os controis que deriven da letra c) do artigo 7, cando sexa necesario.

7. Non obstante o indicado no punto 2 deste artigo, para investimentos en buques e por causas xustificadas, poderáselle solicitar ao órgano competente que realice a certificación do non inicio por outros servizos:

7.1. No caso de que as obras se realicen noutra comunidade autónoma ou o buque estea noutra comunidade no momento de realización da acta, esta certificación poderá ser emitida polos servizos correspondentes desa comunidade autónoma.

7.2. Para obras que se realicen no estranxeiro ou se o buque está no estranxeiro, esta certificación poderá ser emitida por entidade ou organismo habilitado e debidamente acreditado coa inescusable intervención das autoridades españolas correspondentes (embaixada, consulado ou outras con capacidade para realizala).

Sen prexuízo do establecido no punto anterior, o órgano competente poderá designar a persoa ou persoas para que se despracen ata onde estea o buque para realizar a visita in situ e posterior certificación de non inicio; os gastos do dito desprazamento serán por conta do solicitante da axuda. Aplicarase isto tamén para os controis que deriven da letra c) do artigo 7, cando sexa necesario.

Non obstante, o órgano competente poderá determinar que a inspección in situ se realice no porto base do buque.

8. Se for necesario iniciar as actuacións antes do inicio da data de presentación de solicitudes da convocatoria anual correspondente, de forma excepcional, poderase facer unha certificación de non inicio antes de que estas comecen, nos seguintes termos:

A solicitude dirixirase ao órgano competente para resolver, isto é, a Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica e xuntarase: proxecto (de ser o caso), memoria descritiva dos aspectos económicos e técnicos do investimento que inclúa a xustificación da excepcionalidade para acometer os investimentos, facturas pro forma e/ou catálogos que permitan facer unha valoración dos investimentos que se van a realizar e relación destes, planos e tres ofertas alternativas. As tres ofertas alternativas serán necesarias cando o importe do gasto unitario supere a contía de 50.000 euros, no caso de execución de obras, ou de 18.000 euros, no caso de subministración de bens ou prestación de servizos. A elección entre as ofertas presentadas realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía e a elección deberá xustificarse expresamente nunha memoria cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

Esta certificación de non inicio formará parte do expediente administrativo da solicitude posterior, e quedará incluída no mesmo procedemento administrativo.

9. A realización da certificación de non inicio en ningún caso implica dereito nin mérito para a concesión da axuda.

10. A realización da certificación de non inicio poderá dar lugar ao pagamento das correspondentes taxas.

Artigo 13. Prazo de presentación das solicitudes

Para esta convocatoria de 2017, o prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último do mes.

Artigo 14. Forma de presentación de solicitudes e documentación (anexos normalizados e documentación complementaria)

1. A presentación das solicitudes, no caso de persoas xurídicas e no caso de persoas físicas que elixan comunicarse coa Administración de forma electrónica, realizarase por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, de conformidade co establecido nos artigos 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para presentar as solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Só se admitirá unha solicitude por barco para unha liña de axudas.

2. Opcionalmente, as persoas físicas tamén poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

3. A documentación complementaria presentarase, no caso de persoas xurídicas e no caso de persoas físicas que así o elixan, electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 28 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

4. A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel, no caso das persoas físicas (en orixinal ou copia cotexada e copia), en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

5. As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

6. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

7. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica por parte da persoa solicitante ou representante supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

8. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas a presentar electronicamente as solicitudes, tamén poderán presentalas presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

9. A solicitude e demais anexos normalizados está formada por:

– Segundo o tipo de axuda que se solicite: anexo I.A de solicitude de axudas para investimentos que limiten o impacto da pesca no medio mariño e adaptación da pesca á protección das especies, código do procedemento (PE120A); anexo I.B de solicitude de axudas para investimentos que melloren a hixiene, saúde, seguridade e condicións de traballo en buques pesqueiros, código do procedemento (PE120B); anexo I.C de solicitude de axudas para investimentos en eficiencia enerxética e mitigación do cambio climático, código do procedemento (PE120C); anexo I.D de solicitude de axudas para a paralización definitiva de buques pesqueiros que pescan en augas interiores, código do procedemento (PE120D); anexo I.E, de solicitude de axudas para investimentos que aumenten o valor engadido, calidade dos produtos e utilización de capturas non desexadas, código do procedemento (PE120E).

– Anexo II da declaración responsable de non inicio do investimento, de ser o caso.

– Segundo o tipo de axuda que se solicite: anexo III.A e anexo VIII.A de axudas para investimentos que limiten o impacto da pesca no medio mariño e adaptación da pesca á protección das especies; anexo III.B de axudas para investimentos que melloren a hixiene, saúde, seguridade e condicións de traballo en buques pesqueiros; anexo III.C de axudas para investimentos en eficiencia enerxética e mitigación do cambio climático; anexo III.D de axudas para a paralización definitiva de buques pesqueiros que pescan en augas interiores; anexo III.E de axudas para investimentos que aumenten o valor engadido, calidade dos produtos e utilización de capturas non desexadas do formulario do investimento.

– Anexo IV. Declaración de non ter resolución desfavorable a un proceso de regularización.

– Anexo X. Conta de perdas e ganancias.

– Anexo XI. Balance de situación.

10. A documentación complementaria está formada por:

I) Se o solicitante é unha persoa física:

a) Copia do DNI da persoa solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.

Salvo o solicitante da axuda de paralización definitiva, os demais solicitantes deberán presentar, ademais:

b) Declaración da renda dos últimos tres anos, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.

c) Informe de riscos actualizado expedido pola Central de Información de Riscos do Banco de España.

d) Plan de financiamento do proxecto: información detallada do financiamento do proxecto e achegar a disposición dos recursos necesarios para realizar o proxecto:

– Certificados bancarios actualizados das contas bancarias do solicitante onde consten os fondos propios dispoñibles para realizar o investimento e tamén dos recursos alleos (préstamos de entidades de crédito).

e) Estudo e análise de viabilidade económico-financeira do proxecto (proxección a 5 anos) e explicación detallada da súa evolución: balance de situación; conta de perdas e ganancias (segundo os modelos que constan nos anexos X e XI desta orde); plan de investimentos e cadros de amortización; previsións de ingresos e gastos; ratios de rendibilidade; prazo de recuperación do investimento. Malia o anterior, dependendo do tipo de proxecto que se solicite, pode ser necesario que a Administración requira máis información para determinar que a viabilidade económica da operación estea garantida.

II) Se o solicitante é unha persoa xurídica:

a) Copia do NIF, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.

b) Certificación rexistral actualizada dos estatutos sociais e da escritura de constitución.

c) Poder suficiente do representante no caso de que tal poder non figure nos estatutos.

d) Copia do DNI da persoa representante legal só no caso de denegar expresamente a súa consulta.

Salvo o solicitante da axuda de paralización definitiva, os demais solicitantes deberán presentar, ademais:

e) Certificación actualizada do Rexistro Mercantil das contas anuais depositadas no último exercicio económico pechado, incluíndo informe de auditoría, se é o caso.

f) Informe de riscos actualizado expedido pola Central de Información de Riscos do Banco de España.

g) Imposto de sociedades do último exercicio económico pechado en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación.

h) No caso de existir grupo empresarial, achegarase certificación actualizada do Rexistro Mercantil das contas anuais consolidadas depositadas no último exercicio económico pechado, incluíndo informe de auditoría, se é o caso.

i) Plan de financiamento do proxecto: información detallada do financiamento do proxecto e achegar a documentación económica-financeira que acredite a disposición dos recursos necesarios para realizar o proxecto:

– Recursos propios: ampliación de capital e certificados bancarios actualizados das contas do solicitante onde consten os fondos propios dispoñibles para realizar o investimento.

– Recursos alleos: préstamos de entidades de crédito.

j) Estudo e análise de viabilidade económico-financeira do proxecto (proxección a 5 anos) e explicación detallada da súa evolución: balance de situación; conta de perdas e ganancias (segundo os modelos que constan nos anexos X e XI desta orde); estado de fluxos de efectivo; plan de investimentos e cadros de amortización; previsións de ingresos e gastos, diferenciando gastos fixos de variables; previsións de resultados; evolución do activo circulante e a súa rotación; previsións de entradas e saídas de tesouraría; estado de orixe e aplicación de fondos; cash-flow; ratios económico-financeiras; ratios de rendibilidade; análise de custos e cálculo do punto de equilibrio ou limiar de rendibilidade; cálculo do VAN, TIR, prazo de recuperación do investimento e apancamento operativo e financeiro.

III) Cando as pretensións correspondan a unha pluralidade de persoas, poderán ser formuladas nunha única solicitude, por medio de representante legalmente habilitado e, no seu defecto, co que figure en primeiro termo. Neste suposto, a presentación da solicitude deberá incluír un modelo de pluralidade de persoas solicitantes. Para facilitar este trámite, a sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas este e outros modelos normalizados:

a) Anexo V de pluralidade de persoas.

b) Acordo de nomeamento de representante ou apoderado para os efectos da solicitude da axuda, asinado por todos.

c) Copia do DNI de cada unha das persoas solicitantes, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.

d) A conta bancaria sinalada no anexo V deberá estar a nome de todas as persoas solicitantes. No caso contrario deberá achegarse documento asinado por todas as persoas solicitantes, conforme non existe inconveniente en que se pague a axuda a esa conta.

Salvo o solicitante da axuda de paralización definitiva, os demais solicitantes deberán presentar ademais:

e) Declaración da renda dos últimos 3 anos, de cada solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.

f) Informe de riscos actualizado expedido pola Central de Información de Riscos do Banco de España, de cada solicitante.

g) Plan de financiamento do proxecto: información detallada do financiamento do proxecto e achegar a disposición de recursos necesarios para realizar o proxecto:

– Certificados bancarios actualizados das contas bancarias do solicitante onde consten os fondos propios dispoñibles para realizar o investimento e tamén dos recursos alleos (préstamos de entidades de crédito).

h) Estudo e análise de viabilidade económico-financeira do proxecto (proxección a 5 anos) e explicación detallada da súa evolución: balance de situación; conta de perdas e ganancias (segundo os modelos que constan nos anexos X e XI desta orde); plan de investimentos e cadros de amortización; previsións de ingresos e gastos; ratios de rendibilidade; prazo de recuperación do investimento. Malia o anterior, dependendo do tipo de proxecto que se solicite, pode ser necesario que a Administración requira máis información para determinar que a viabilidade económica da operación estea garantida.

IV) Declaración resumo anual do IVE do último exercicio económico pechado, e as liquidacións trimestrais ou mensuais dispoñibles do exercicio en curso, en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, de cada solicitante, se é o caso.

V) Certificado actualizado da declaración censual de alta en obrigas tributarias, de cada solicitante.

VI) Cando o importe do gasto unitario supere a contía de 50.000 euros no caso de execución de obras, ou de 18.000 euros no caso de subministración de bens ou prestación de servizos, a persoa beneficiaria deberá achegar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores. A elección entre as ofertas presentadas realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía e a elección deberase xustificar expresamente nunha memoria cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

VII) Facturas pro forma dos investimentos para os cales se solicita subvención, con descrición detallada e pormenorizada de cada un dos investimentos, instalacións, equipos e sistemas que os integran, e achegar, de ser o caso, os planos, bosquexo ou vistas 3D necesarias para a súa correcta definición e, de ser o caso, certificado de importación.

VIII) Certificación actualizada do Rexistro de Bens Mobles, Sección de Buques, acreditativa da propiedade do buque e o estado de cargas ou gravames deste, ou solicitude da dita certificación ante o Rexistro, sen prexuízo da achega da dita certificación previa a ditarse a proposta de resolución.

IX) Folla de asento actualizada (expedida nos 3 meses anteriores contados desde a data de publicación desta orde) ou acreditación de tela solicitado, sen prexuízo da achega da folla de asento previa a ditarse a proposta de resolución.

X) Seguro que garanta a cobertura de danos a terceiros.

XI) Autorización ou copia da solicitude de autorización da Consellería do Mar para a realización do investimento previsto no caso de que esta sexa necesaria, sen prexuízo da achega da autorización previa a ditarse a proposta de resolución.

XII) Se a realización do investimento require proxecto técnico ou planos, deberá achegarse e estar asinado por técnico competente. Tamén deberá xuntarse en soporte informático: formato JPG ou PDF. Deberán achegarse os planos de antes e despois da realización do investimento que se solicita.

XIII) Se a axuda é para limitar o impacto da pesca no medio mariño e adaptación da pesca á protección das especies e se trata dun proxecto vinculado, segundo a definición establecida nesta orde, deberá asinar o compromiso de execución do investimento que figura no anexo VIII.A e indicar o nome de todos os buques involucrados.

XIV) Se a axuda é para investimentos que melloren a hixiene, saúde, seguridade e condicións de traballo en buques pesqueiros, deberá achegar plan de prevención de riscos laborais no buque asinado por persoa competente.

XV) Se a axuda é para a paralización definitiva de buques que pescan en augas interiores e o buque está en réxime de gananciais, autorización do cónxuxe ou parella de feito para a presentación do buque ás axudas de paralización definitiva.

No caso de que a paralización sexa por acondicionamento para actividades distintas da pesca comercial (incluída función patrimonial en terra só no caso de buques tradicionais de madeira):

• Memoria explicativa do destino do buque.

• Estatutos da entidade a que se transfira a propiedade do buque.

XVI) Se o investimento é para «aumentar o valor engadido, a calidade dos produtos e utilización das capturas non desexadas» a través de investimentos innovadores a bordo, deberá achegar:

• Certificado de que o proxecto é innovador, emitido por entidade de certificación acreditada para tal efecto pola ENAC, conforme a norma UNE 166001:2006.

• Informe dun organismo público científico ou técnico que conclúa que a arte que emprega o buque é selectiva.

XVII) No caso doutras axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo proxecto, deberá achegar resolución de concesión destas, no caso de axudas doutras administracións distintas da Xunta de Galicia. No caso de axudas da Xunta de Galicia, só se presentará a resolución de concesión no caso de que se denegue expresamente a súa consulta.

XVIII) Informe acreditativo de estar ao día de pagamentos de obrigas por reintegro de subvencións emitido pola Consellería de Facenda (Atriga), só no caso de denegar expresamente a súa consulta.

XIX) Informe acreditativo de non ter sanción firme pendente de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira emitido pola unidade de sancións e reclamacións da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.

XX) Informe acreditativo de non estar en concurso de acredores, artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, obtido a través do rexistro público concursal do Ministerio de Xustiza, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.

XXI) Informe acreditativo de non ter cometido infracción grave da política pesqueira común, do Regulamento (UE) nº 1005/2008, do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, e do Regulamento (UE) nº 1224/2009 do Consello, polo que se establece un réxime comunitario de control para garantir o cumprimento das normas da política pesqueira común. Este informe emitirao o Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.

XXII) Certificado acreditativo de carecer de antecedentes penais obtido a través do Rexistro Central de Penados do Ministerio de Xustiza, no caso de denegar expresamente a súa consulta, que deberá conter a totalidade e antecedentes penais non cancelados, para os efectos de verificar que non ten sido declarado culpable de cometer fraude no marco do FEP ou FEMP. Se da información anterior non se entendese acreditada a ausencia de antecedentes penais, solicitaráselle ao interesado que achegue certificado que acredite a totalidade de antecedentes penais ou a ausencia deles.

XXIII) Informe acreditativo do Sistema nacional de publicación de subvencións do Ministerio de Facenda e Función Pública de non ter sido declarado culpable de cometer fraude, no marco do FEP ou FEMP, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.

XXIV) Informe acreditativo de non estar nin ter estado nos últimos 24 meses involucrado na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR obtido do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.

XXV) Declaración doutras axudas (xa incluído no anexo I). Deberá achegar resolución de concesión destas, no caso de axudas doutras administracións distintas da Xunta de Galicia para o mesmo proxecto.

11. Considérase o mínimo imprescindible para a tramitación de solicitudes presentar os documentos seguintes:

– Anexo I de solicitude que proceda, asinado por persoa física.

– Anexo II de non inicio do investimento, de ser o caso.

– Anexo III que proceda de formulario do investimento.

– Autorización para realizar as obras obxecto de subvención ou copia da presentación da solicitude para realizar as ditas obras, cando proceda.

– Facturas pro forma do investimento que se vai realizar.

– Folla de asento actualizada (expedida nos 3 meses anteriores contados desde a data de publicación desta orde) ou acreditación da presentación da súa solicitude, no seu defecto.

A non presentación da dita documentación nos termos descritos dará lugar á inadmisión da solicitude, excepto no caso das axudas á paralización definitiva, onde non se exixe documentación mínima.

Artigo 15. Tramitación de solicitudes

A tramitación das solicitudes realizarase por fases; no caso de que unha solicitude non supere unha das fases, implicará que a súa tramitación finalizará sen que poida pasar á fase seguinte; neste caso o órgano competente emitirá a correspondente resolución.

A) Fase de admisión de solicitudes.

1. Inicio do expediente.

a) No caso de axudas que teñan como finalidade «mellorar a hixiene, saúde, seguridade e condicións de traballo», os Servizos de Competitividade e Innovación Tecnolóxica das xefaturas territoriais da Consellería do Mar analizarán os expedientes e requirirán a emenda da documentación necesaria, de ser o caso.

b) No caso de axudas que teñan como finalidade «limitar o impacto da pesca no medio mariño e adaptación da pesca á protección das especies», «mellorar a eficiencia enerxética e mitigar o cambio climático», a «paralización definitiva», «aumentar o valor engadido, calidade dos produtos ou utilización de capturas non desexadas», o Servizo de Innovación Tecnolóxica da Frota da Consellería do Mar en servizos centrais analizará os expedientes e requirirá a documentación necesaria, de ser o caso.

c) No caso das axudas de paralización definitiva, o Servizo de Innovación Tecnolóxica da Frota da Consellería do Mar en servizos centrais, como órgano instrutor dos expedientes, logo da análise dos expedientes, elaborará unha listaxe de puntuación provisional con todos os expedientes presentados, que remitirá ás xefaturas territoriais da Consellería do Mar para efectos informativos. Posteriormente, analizará os expedientes e requirirá a documentación necesaria, de ser o caso.

2. Se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras ou na correspondente convocatoria, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a deficiencia ou remita os documentos preceptivos, salvo os considerados como documentación mínima imprescindible recollidos no artigo anterior.

Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer, se terá por desistido da súa solicitude.

Non se aplicará o anteriormente exposto ás solicitudes que non veñan acompañadas da documentación mínima imprescindible sinalada no artigo 14, punto 11, que terán o carácter de non admitidas, e darase por finalizada a súa tramitación.

Este requirimento de emenda tamén se fará se das certificacións obtidas de conformidade co artigo 5, punto 14, resulta que o solicitante non está ao día no pagamento das súas obrigas tributarias co Estado, coa Comunidade Autónoma e coa Seguridade Social.

A documentación requirida para emendar a solicitude deberá presentarse na forma que se determina nos artigos 14 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. Sen prexuízo do sinalado no número anterior, poderá requirirse o solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

4. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, o solicitante non poderá modificar a súa solicitude de axuda aumentando o importe total do investimento nin incluíndo novos conceptos para os cales solicita a axuda.

Non se considerarán aumento do importe total do investimento as diferenzas ou erros materiais que se puidesen dar ao transcribir nos anexos o importe das facturas pro forma.

5. Os expedientes iniciados nas xefaturas territoriais remitiranse xunto cun informe ao respecto ao Servizo de Innovación Tecnolóxica da Frota, que continuará coa tramitación segundo o establecido neste artigo. Igualmente, os expedientes iniciados no Servizo de Innovación Tecnolóxica da Frota continuarán coa dita tramitación.

6. Sempre que se teñan en conta para a resolución das axudas aspectos distintos aos aducidos polos interesados, daráselles a estes un trámite de audiencia con carácter previo a que a comisión de valoración avalíe os expedientes.

7. Para os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, o órgano instrutor formulará a proposta de resolución de non admisión ou de desistencia, segundo sexa o caso, na cal se indicarán as causas que a motivan.

B) Fase de avaliación das solicitudes.

Os proxectos que se financien deberán axeitarse ao programa operativo (PO) do FEMP e ser técnica e economicamente viables.

I) Criterios xerais de avaliación.

1. Avaliaranse os proxectos segundo criterios xerais nos cales se terán en conta as seguintes consideracións:

– Idoneidade ao programa operativo do FEMP.

– Valoración da viabilidade económico-financeira.

– Valoración da viabilidade técnica.

2. Esta avaliación será realizada, preferentemente, por persoas cunha axeitada cualificación e/ou experiencia dos organismos intermedios ou doutras organizacións que poidan achegar valor engadido a esta avaliación.

3. Para a valoración da idoneidade a Europa 2020 e ao programa operativo do FEMP terase en conta:

– Adecuación do proxecto á análise DAFO do programa operativo (PO) do FEMP e ao cumprimento dos fins do obxectivo específico deste: alto (4 puntos), medio (2 puntos), baixo (1 punto), nulo (0 puntos).

– Contribución do proxecto á consecución dos indicadores de resultado do PO: alto (4 puntos), medio (2 puntos), baixo (1 punto), nulo (0 puntos).

– Implicación do proxecto noutras prioridades, obxectivos específicos, indicadores de resultados ou plans estratéxicos: alto (4 puntos), medio (2 puntos), baixo (1 punto), nulo (0 puntos).

O órgano instrutor emitirá un «Informe de idoneidade» para cada solicitude que alcanzase esta fase, no cal se cualificará o proxecto de significante (alto: > 7 puntos), razoable (medio: <= 7, > 5), deficiente (baixo: <= 5) e inadecuado (nulo <=2), en función dos puntos totais que obteña.

Os proxectos que sexan cualificados como inadecuados non poderán continuar tramitándose; o órgano instrutor formulará a proposta de resolución de denegación da axuda, na cal se indicarán as causas que a motivan.

4. Os proxectos que superaren a valoración ao programa operativo do FEMP deberán ser técnica e economicamente viables, para o cal o órgano instrutor solicitará os correspondentes informes técnicos.

Os proxectos para os que algún dos correspondentes informes de viabilidade técnica ou viabilidade económica fosen desfavorables, entenderanse non viables para a obtención dos fondos públicos, para o cal o órgano instrutor formulará a proposta de resolución de denegación da axuda, na cal se indicarán as causas que a motivan.

II) Criterios específicos de valoración.

1. Unha comisión de selección valorará os criterios específicos de cada proxecto de acordo co establecido nesta alínea.

2. Os criterios de selección poderanse modificar en cada convocatoria durante a vixencia do FEMP.

3. Para o ano 2017, os criterios, que servirán de base para determinar a prelación da solicitude, serán, segundo a finalidade da axuda, os que se relacionan a continuación:

I. Para a «limitación do impacto da pesca no medio mariño e adaptación da pesca á protección das especies», ata un total de 100 puntos:

– Proxecto que teña un encaixe colectivo, é dicir, o 10 % dos buques dun mesmo caladoiro, segmento e mesmo porto base que soliciten o mesmo investimento, é dicir, que sexan proxectos vinculados: 70 puntos.

– Financiamento propio do proxecto (fórmula do anexo IX).

• Que o financiamento con fondos propios sexa igual ou superior ao 40 %: 30 puntos.

• Que o financiamento estea entre o 15 % e menos do 40 %: 20 puntos.

• Que o financiamento é inferior ao 15 %: 10 puntos.

No caso de empate, terán preferencia aqueles investimentos en equipos que aumenten a selectividade por tamaños ou especies das artes de pesca, seguidos dos que eliminen os descartes evitando e reducindo as capturas non desexadas de poboacións comerciais ou para tratar as capturas non desexadas que deban desembarcarse de acordo co artigo 15 do Regulamento (UE) nº 1380/2013; a continuación os equipos que limiten e, se é posible, eliminen os efectos físicos e biolóxicos das actividades pesqueiras no ecosistema ou no fondo mariño; e finalmente os equipos para protexer as artes de pesca e as capturas fronte aos mamíferos e as aves protexidos pola Directiva 92/43/CEE ou pola Directiva 2009/147/CE do Parlamento Europeo e do Consello, sempre e cando non se limite a selectividade das artes de pesca e se apliquen todas as medidas adecuadas para evitar o dano físico aos predadores.

II. Para «mellorar a hixiene, saúde, seguridade e condicións de traballo en buques pesqueiros»:

– Os investimentos que vaian destinados a previr riscos intolerables, seguido de riscos importantes, despois os riscos moderados, a continuación os tolerables e finalmente os triviais, segundo o plan de prevención de riscos.

No caso de empate, priorizaranse aqueles en que o nivel de dano estea cualificado de moi daniño, seguido dos daniños, e finalmente os lixeiramente daniños.

De persistir o empate, priorizaranse os que melloren a seguridade, seguido dos que melloren as condicións laborais, despois os que melloren a saúde e finalmente os que melloren a hixiene.

III. Para «mellorar a eficiencia enerxética e mitigar o cambio climático», ata un total de 100 puntos:

a) Alcance do proxecto en función de:

– Número de persoas beneficiarias potenciais en función do segmento de frota a que pertenza o buque:

Buques do censo de artes menores: 15 puntos.

Buques do censo de cerco: 14 puntos.

Buques do censo de arrastre de fondo e arrastre en augas de Portugal: 13 puntos.

Buques do censo de palangre superficie en pesqueiras internacionais: 12 puntos.

Buques do censo de palangre superficie en caladoiro nacional: 11 puntos.

Buques do censo de palangre de fondo en pesqueira comunitaria: 10 puntos.

Buques do censo de arrastre en pesqueiras internacionais: 9 puntos.

Buques do censo de enmalle en caladoiro nacional: 8 puntos.

Buques do censo de palangre de fondo en caladoiro nacional: 7 puntos.

Buques do censo de arrastre en NEAFC: 6 puntos.

Buques do censo de cerco en pesqueiras internacionais: 5 puntos.

– % diminución de consumo de combustible (g/l): Redución de 40 % ou máis: 40 puntos; Redución entre 20 % e menos do 40 %: 20 puntos; redución de menos de 20 %: 10 puntos.

b) Necesidade do proxecto.

Valorarase en función do problema que se pretende resolver ou minimizar, neste senso:

– Auditorías e programas de eficiencia enerxética: 30 puntos.

– Investimentos relacionados co sistema de propulsión do buque: 25 puntos.

– Investimentos destinados a reducir o consumo de electricidade ou de enerxía térmica: 22 puntos.

– Investimentos relacionados coa hidrodinámica do casco: 19 puntos.

– Investimentos en artes e equipos de pesca: 16 puntos.

– Estudos para avaliar a contribución dos sistemas alternativos e do deseño do casco respecto da eficiencia enerxética do buque: 11 puntos.

c) Transferencia de coñecemento.

Valorarase a capacidade de difusión dos resultados do proxecto, para o cal tamén se terá en conta a dimensión dos segmentos:

– Buques do censo de arrastre de litoral e arrastre de Portugal, segundo o Rexistro de Buques Pesqueiros de Galicia: 15 puntos.

– Buques en censos de arrastre en pesqueiras internacionais, segundo o Rexistro de Buques Pesqueiros de Galicia: 12 puntos.

– Buques do censo de arrastre de NEAFC, segundo o Rexistro de Buques Pesqueiros de Galicia: 9 puntos.

– Resto dos censos, segundo o Rexistro de Buques Pesqueiros de Galicia: 5 puntos.

No caso específico de substitución ou modernización dos motores principais ou auxiliares que compiten en concorrencia só entre eles, ata un total de 100 puntos:

– Efectos positivos na mitigación do cambio climático.

Segundo a porcentaxe de redución de emisións:

• Se a redución é superior ao 50 %: 40 puntos.

• Se a redución é entre o 20 % e menos do 50 %: 20 puntos.

• Se a redución é inferior ao 20 %: 10 puntos.

Segundo a porcentaxe de redución de consumo:

• Se a redución é superior ao 50 %: 40 puntos.

• Se a redución é entre o 20 % e menos do 50 %: 20 puntos.

• Se a redución é inferior ao 20 %: 10 puntos.

– Investimento en activos produtivos: (fórmula do anexo IX).

• Superior ao 10 %: 10 puntos.

• Entre 5 % e inferior a 10 %: 5 puntos.

• Inferior ao 5 %: 1 punto.

– Financiamento propio do proxecto: (fórmula do anexo IX).

• Que o financiamento con fondos propios sexa igual ou superior ao 40 %: 10 puntos.

• Que o financiamento estea entre o 15 % e menos do 40 %: 5 puntos.

• Que o financiamento é inferior ao 15 %: 1 punto.

No caso de empate terá prioridade o que reduza máis kW.

IV. Para a «paralización definitiva»:

– Idade do buque: 4 puntos por ano a partir dos 10 e ata os 20 anos; 3 puntos por ano a partir dos 20 e ata os 30 anos; 2 puntos a partir dos 30 e ata os 40 anos; 1 punto a partir dos 40 anos e ata os 50 anos.

No caso de empate terán preferencia os que pertenzan a un segmento que estivese máis tempo en desequilibrio e, no caso de persistir o empate, os que tivesen máis días de actividade pesqueira nos dous anos anteriores á data da presentación de solicitude.

V. Para «amentar valor engadido e a calidade dos produtos e utilización de capturas non desexadas»:

– Terán preferencia os investimentos innovadores a bordo de acordo co certificado de que o proxecto é innovador, emitido por entidade de certificación acreditada para tal efecto pola ENAC, conforme a norma UNE 166001:2006 (artigo 14. 10. XIV).

A continuación, priorizarase, segundo:

– Financiamento propio do proxecto: (fórmula do anexo IX).

• Máis do 40 % de fondo propio: 3 puntos.

• Entre o 15 % e menos do 40%: 2 puntos.

• Menos do 15 %: 1 punto.

No caso de empate, terán preferencia os buques de pesca costeira artesanal. De persistir o empate, aqueles que acrediten ter mulleres enroladas a bordo.

C) Fase de selección.

1. Unha vez finalizada a fase anterior, a comisión de selección formulará a proposta de resolución de concesión das axudas.

2. Na proposta que formule a comisión de selección figurarán de maneira individualizada os solicitantes propostos para obteren a subvención, e indicaranse a avaliación que lles corresponde segundo os criterios fixados nesta orde e os expedientes seleccionados ordenadamente de acordo coa puntuación obtida ata esgotar as dispoñibilidades orzamentarias. Así mesmo, indicarase a proposta do importe da subvención para cada un deles.

3. A comisión de selección, de ser o caso, establecerá unha lista de reserva con aquelas solicitudes que, reunindo os requisitos establecidos na orde de convocatoria, non acaden a puntuación necesaria para seren seleccionadas, por falta de crédito. Nesta lista de reserva indicaranse os expedientes seleccionados ordenadamente de acordo coa puntuación obtida.

4. No caso de que a suma dos investimentos subvencionados dos expedientes propostos non supere o crédito existente para as axudas, non será necesario que figure a avaliación individualizada dos criterios específicos de cada expediente.

5. O presidente da comisión de avaliación elevará proposta de resolución ao órgano concedente, que ditará as correspondentes resolucións de concesión.

Artigo 16. Comisión de selección

1. Os expedientes serán avaliados por unha comisión de selección constituída na Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica.

2. A composición da comisión avaliadora estará formada polos seguintes membros:

a) Presidente: subdirector/a xeral de Innovación Tecnolóxica.

b) Vogais: dous funcionarios adscritos á Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica designados polo presidente, as xefaturas do Servizo de Competitividade e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar de cada unha das xefaturas territoriais e a Xefatura do Servizo de Innovación Tecnolóxica da Frota, que exercerá como secretaría.

3. No caso de imposibilidade de asistir a algunha das sesións, os membros do órgano colexiado poderán ser substituídos pola persoa que designe o presidente. O órgano colexiado precisará de polo menos a maioría simple dos membros para realizar a selección.

4. A reunión da comisión de selección poderá realizarse presencial ou telematicamente.

5. A comisión poderá propor que o órgano instrutor requira documentación complementaria necesaria para a correcta valoración da solicitude de que se trate.

6. A comisión avaliadora poderá traballar asistida dos asesores que xulgue conveniente, así como solicitar informes a expertos técnicos na materia.

7. A comisión de selección reunirase nunha sesión única para elaborar a proposta de concesión ao órgano concedente, salvo no caso de que a suma dos investimentos subvencionados dos expedientes propostos non supere o crédito existente para as axudas, poderá realizar cantas sesións considere necesarias e emitirá propostas parciais de concesión en cada unha das sesións.

Artigo 17. Resolución e aceptación

1. A resolución das solicitudes correspóndelle á persoa titular da Consellería do Mar, que poderá delegar esta competencia na persoa titular da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica. No caso de concesións que superen a contía de 3.000.000 € por persoa beneficiaria será necesaria a autorización do Consello da Xunta. Esta autorización non implicará a aprobación do gasto, que lle corresponderá en todo caso ao órgano competente para ditar a resolución de concesión da subvención.

2. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución da axuda será de tres meses desde a data de publicación desta orde de convocatoria de axudas no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o prazo sen resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes, de conformidade co disposto no artigo 25 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. As notificacións que se practiquen nos procedementos habilitados nesta orde deberanse realizar nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

4. As notificacións electrónicas só poderán practicarse cando así o manifeste expresamente a persoa destinataria ou despois da aceptación da proposta do correspondente órgano ou organismo público, salvo que estean obrigados a relacionarse a través de medios electrónicos.

5. As notificacións electrónicas realizaranse mediante a plataforma de notificación electrónica dispoñible a través da sede da Xunta de Galicia https://notifica.xunta.gal. De acordo coa normativa vixente en materia de desenvolvemento da Administración electrónica da Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes, o sistema de notificación permitirá acreditar a data e a hora en que se produza a posta á disposición da persoa interesada do acto obxecto de notificación, así como o de acceso ao seu contido, momento a partir do cal a notificación se entenderá practicada para todos os efectos legais. Sen prexuízo do anterior, a Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia poderá remitir ás persoas interesadas avisos de posta á disposición das notificacións, mediante correo electrónico dirixido ás contas de correo que consten nas solicitudes para efectos de notificación. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada.

6. Se transcorren dez días naturais desde a posta á disposición dunha notificación electrónica sen que se acceda ao seu contido, entenderase que a notificación foi rexeitada e terase por efectuado o trámite, e seguirase o procedemento, salvo que de oficio ou por instancia da persoa destinataria se comprobe a imposibilidade técnica ou material do acceso.

7. Se a notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia efectuará a notificación polos medios previstos na normativa vixente en materia de procedemento administrativo.

8. A notificación da resolución de concesión de axuda realizarase conforme o disposto nos artigos 40 e 41 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

9. Unha vez notificada a dita resolución, a persoa interesada terá un prazo de dez días hábiles a partir do seguinte ao da súa notificación para a aceptación desta. Transcorrido este prazo sen producirse manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada a axuda.

10. A resolución de concesión indicará, entre outros aspectos, os compromisos asumidos polas persoas beneficiarias; os créditos orzamentarios a que se imputa o gasto; a contía da subvención individualizada e a porcentaxe do financiamento do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca; os prazos e modo de pagamento da subvención; e o prazo e a forma de xustificación por parte da persoa beneficiaria do cumprimento da finalidade para a cal se cobra a subvención.

Artigo 18. Recursos

1. Contra a resolución expresa que se dite, que pon fin á vía administrativa, cabe interpor recurso potestativo de reposición perante a persoa titular da Consellería do Mar, no prazo dun (1) mes a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

2. Se transcorrido o prazo para resolver establecido no artigo anterior non lle é notificada a resolución ao interesado, entenderase desestimada por silencio negativo e caberá interpor recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería do Mar en calquera momento ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de seis (6) meses, contados en ambos os dous casos a partir do día seguinte a que se produza o acto presunto.

3. Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas poderán exercer calquera outro recurso que consideren oportuno.

Artigo 19. Modificación da resolución

1. Unha vez ditada a resolución de concesión, e antes da presentación da xustificación de cobramento, toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención ou a obtención concorrente de subvencións e axudas concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais poderá dar lugar á súa modificación.

2. A autorización para a modificación dos termos en que foi concedida a axuda quedará condicionada aos seguintes requisitos:

a) Que a actividade, conduta ou modificación do proxecto estea comprendida dentro da finalidade destas bases reguladoras e da convocatoria oportuna.

b) Que a modificación non cause prexuízo a terceiros.

c) Que os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de ter concorrido na concesión inicial, non supuxesen a denegación da subvención.

d) Que o proxecto modificado, no caso de que fose presentado co resto das solicitudes, resultase seleccionado na concesión inicial, seguindo os criterios de selección fixados.

3. As solicitudes de modificacións deberán ser comunicadas pola persoa beneficiaria por escrito con anterioridade á súa realización nun prazo non inferior de dous meses antes da data límite de xustificación do investimento e requirirá resolución expresa da Consellería do Mar. No escrito a persoa beneficiaria deberá deixar constancia debidamente motivada das razóns que aconsellan a modificación proposta.

4. Non se admitirán nin se aprobarán modificacións que supoñan unha execución total inferior ao 60 % do investimento inicialmente aprobado e en ningún caso suporá un incremento da subvención concedida.

5. Non obstante o indicado nos parágrafos anteriores, poderanse autorizar modificacións que se orixinen por causas de forza maior ou situacións sobrevidas suficientemente xustificadas que, en todo caso, deberán ser apreciadas polo órgano concedente e debidamente motivadas.

6. Non se admitirá a subrogación dun novo propietario na condición de solicitante ou persoa beneficiaria das axudas, agás nos casos de enfermidade que dificulte ou imposibilite a realización desta actividade, sucesión mortis causa, adquisición da propiedade como consecuencia de procesos de disolución e liquidación de persoas xurídicas, operacións de fusión ou escisión parcial ou total de sociedades ou naqueloutros casos en que, a xuízo do órgano competente para a concesión das axudas, a transmisión da propiedade do investimento subvencionado e a subrogación do novo propietario na posición do solicitante ou persoa beneficiaria non desvirtúe a finalidade das axudas e non produza enriquecemento. En calquera caso, a nova persoa beneficiaria deberá cumprir os requisitos desta orde e asumir as obrigas derivadas da concesión.

7. As modificacións nos prazos de xustificación dos investimentos terán a consideración de alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, polo tanto, deberán tramitarse de acordo co establecido no presente artigo.

8. O acto polo cal se acorde a modificación da resolución de concesión ou, se é o caso, a súa denegación, será ditado polo órgano concedente, unha vez instruído o correspondente expediente en que se dará audiencia ao interesado. Non obstante, poderase prescindir deste trámite de audiencia cando non figuren no procedemento, nin se teñan en conta na resolución, outros feitos, alegacións ou probas que as aducidas polo interesado.

Artigo 20. Actas de fin de obra/investimento

1. A realización do investimento xustificarase mediante a oportuna acta de fin de obra/investimento mediante certificación dos servizos da Consellería do Mar, que se solicitará coa propia presentación do expediente para o pagamento, nos mesmos termos e condicións establecidos no artigo 12, puntos 5 a 7 e puntos 9 a 10. No caso de axudas á paralización definitiva, substituirase pola certificación de despezamento da Capitanía Marítima.

2. Exceptúanse dos puntos anteriores aqueles investimentos en que o importe da subvención sexa inferior a 9.000 €. Neste caso a realización do investimento xustificarase coas facturas e certificación bancaria dos pagamentos correspondentes ás ditas facturas, así como cunha declaración responsable da persoa interesada (anexo VII) de que o dito investimento foi realizado segundo a resolución de concesión.

A Consellería poderá, en calquera momento, realizar as comprobacións que considere oportunas para verificar a efectiva e correcta realización dos investimentos antes mencionados.

Artigo 21. Prazos de execución, xustificación e pagamento

1. Con carácter xeral, o prazo para xustificación material e documental dos investimentos será o 31 de outubro de 2017, salvo que a resolución individual de concesión da axuda dispoña dun prazo distinto.

2. Transcorrido o prazo indicado sen que a persoa beneficiaria presente a documentación xustificativa, procederase segundo o artigo 45 do Regulamento de subvenciones.

3. Para o pagamento da axuda é imprescindible o cumprimento dos seguintes requisitos:

a) Que o investimento obxecto da axuda e a súa xustificación estean realizados de conformidade coa resolución de concesión, integramente rematado e totalmente pagado. A acreditación da realización do investimento realizarase coa certificación de fin de obra, regulada no artigo 20 desta orde.

No caso de axuda que sexa un proxecto vinculado só se poderá pagar se todos os buques realizan o dito investimento.

b) Que as persoas beneficiarias estean ao día nas súas obrigas tributarias e da Seguridade Social e que non teñan pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma. Igualmente, a persoa beneficiaria non terá pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións.

4. As solicitudes de pagamento presentaranse en calquera das formas previstas nos artigos 14 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. No caso das persoas físicas que presenten en formato papel, achegarán un exemplar orixinal e unha copia simple, agás para as facturas, das cales deberán presentar un orixinal e dúas copias simples. As solicitudes deberán ter a seguinte documentación:

– Anexo VI, sobre declaración doutras axudas, relativo á declaración responsable doutras axudas e compromiso do requisito de admisibilidade.

– Facturas orixinais detalladas do investimento realizado, que serán devoltas á persoa beneficiaria unha vez tomada razón de que foron usadas para xustificar a percepción de axudas cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca. As facturas que se entreguen á persoa beneficiaria serán marcadas cun selo no cal se indique o financiamento do FEMP.

– Documento de concesións, autorizacións, permisos ou licenzas para levar a cabo os investimentos previstos e para a instalación e o funcionamento do establecemento, no caso de non achegalo antes da concesión da axuda.

– Certificación bancaria acreditativa dos pagamentos realizados correspondentes ás mencionadas facturas. Os certificados bancarios indicarán a factura ou facturas que soportan. Os pagamentos teranse que realizar obrigatoriamente mediante transferencia bancaria.

– Anexo VII, declaración responsable de fin de obra, de ser o caso.

– Só para as axudas de paralización definitiva:

• Certificación da Capitanía da data do depósito do rol do buque.

• Escritura pública do contrato de despezamento co estaleiro en que figure desagregado o custo real do despezamento. Así mesmo, incluirase, de ser o caso, o importe pactado polo valor como chatarra do casco do barco que vaia ser vendido polo estaleiro.

5. No caso de que o investimento fose xustificado por menor contía que a considerada como elixible inicialmente, minorarase a axuda na mesma proporción, sempre que esta minoración na xustificación da axuda non afecte aspectos fundamentais do proxecto e non supoña unha execución deficiente deste. En calquera caso, unha xustificación inferior ao 60 % do investimento inicialmente concedido implicará a perda ao dereito de cobramento da axuda. Ademais, na paralización definitiva minorarase a cantidade percibida polo aseguramento do casco do buque, procedente de entidades aseguradoras no caso de sinistro. Igualmente, na paralización descontarase o valor do casco como chatarra pagado polo estaleiro.

6. No suposto de falta de xustificación documental ou material, a persoa beneficiaria perderá o dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, segundo os casos.

Artigo 22. Garantías

1. No caso de axudas con varias anualidades, será necesario para o pagamento de cada unha delas, excepto a última, a presentación dunha garantía en forma de aval bancario do 110 % da cantidade que hai que pagar. Esta garantía estenderse ata dous meses despois da data de xustificación final do investimento establecido na resolución.

2. Se ao interesado se lle concede unha modificación nos prazos de xustificación dos investimentos nos termos previstos no artigo 19 desta orde e a data para xustificación tanto material como documental dos investimentos sexa no ano inmediatamente seguinte, deberá presentar un aval polo importe do 110 % da axuda correspondente ao investimento para o cal se concedeu a prórroga.

3. Estes avais deberanse presentar ante a Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o previsto no capítulo II do título IV do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Unha vez comprobada a realización da actividade ou proxecto para o cal se concedeu a subvención, as garantías serán liberadas.

Artigo 23. Reintegro das axudas

1. Se a persoa beneficiaria incumpre calquera dos requisitos establecidos nestas bases e demais normas aplicables, así como as condicións e obrigas que, de ser o caso, se establezan na resolución de concesión da axuda, poderanse anular os beneficios concedidos coa obriga de reintegro da axuda ou subvención.

2. Procederá o reintegro total ou parcial da subvención concedida, así como os xuros de mora correspondentes desde o momento do pagamento da subvención e ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro, nos supostos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Ademais, será tamén causa de reintegro, de acordo coas directrices comunitarias para o exame das axudas estatais no sector da pesca e da acuicultura (2008/C84/06), que cometa infracción do dereito comunitario a persoa beneficiaria e, en especial, das normas da política pesqueira común durante o período cuberto pola subvención. O reembolso das axudas será proporcional á gravidade da infracción cometida.

4. Sen prexuízo da obriga de reintegro, se como consecuencia dunha comprobación posterior ou de calquera outra verificación se constata falsidade nas declaracións mencionadas nesta orde, serán de aplicación as infraccións e sancións establecidas na Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

5. Para este procedemento de reintegro terase en conta o establecido no capítulo II do título II da Lei de subvencións de Galicia.

Artigo 24. Infraccións e sancións

Sen prexuízo do establecido nos puntos anteriores, ás persoas beneficiarias das axudas reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei de subvencións de Galicia.

Artigo 25. Autorizacións da persoa beneficiaria

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente datos en poder das administracións públicas. Só no caso de oposición expresa no modelo de solicitude, as persoas interesadas deberán achegar os documentos acreditativos correspondentes. No caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a súa presentación.

2. As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou informacións previstos nesta norma, salvo que estes xa estivesen en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderanse acoller ao establecido no artigo 53.1.d) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

3. A presentación da solicitude de concesión de subvención por parte da persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante ou representante poderá denegar expresamente o consentimento; deberá presentar entón a certificación nos termos previstos regulamentariamente.

4. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a consellería publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puidesen impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

Artigo 26. Publicidade

En aplicación do establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas, expresando a convocatoria, programa e crédito orzamentario a que se imputan, a persoa beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención, coas excepcións previstas no dito artigo, de ser o caso.

Artigo 27. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades», co obxecto de xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo de San Caetano, San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña), ou a través dun correo electrónico a sxt.mar@xunta.gal

Disposición adicional primeira

No non previsto nesta orde observarase o que se establece no Regulamento (UE) 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio, relativo ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca; Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo ás disposicións comúns dos fondos estruturais e de investimentos europeos; o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e posteriores modificacións; o disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; os preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e os do seu regulamento de execución; a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normativa de aplicación.

Disposición adicional segunda

Delégase na directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica a resolución destas axudas.

Disposición adicional terceira

En cumprimento do disposto nos artigos 18 e 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do dito artigo serán comunicados á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

Disposición derradeira primeira

Facúltase a directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica para ditar as resolucións necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira segunda

Esta orde producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira terceira

Quedan sen efecto as bases reguladoras das axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para propietarios de buques pesqueiros cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), do 23 de setembro de 2016. Non obstante, serán aplicables as súas disposicións aos procedementos derivados de solicitudes presentadas ao abeiro da citada orde.

Santiago de Compostela, 31 de decembro de 2016

Rosa Mª Quintana Carballo
Conselleira do Mar

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VIII

(Coincidente cos anexos I e II do Real decreto 1173/2015, do 29 de decembro, de desenvolvemento do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca no relativo ás axudas á paralización definitiva e temporal da actividade pesqueira)

Importe máximo da prima. Paralizacións definitivas.

Categoría do buque por eslora1

(metros)

Arte de pesca

Importe máximo da prima

en euros

(valor histórico do casco*)

<12

Anzois

Arrastre de fondo

Artes fixas polivalentes

Cerqueiros

Nasas e artes de trampa

Rastreiros

Redes de enmalle

(7.560,96 + 5.416,03) x GT

(4.603,09 + 5.416,03) x GT

(6.777,17 + 5.416,03) x GT

(3.360,84 + 5.416,03) x GT

(4.461,38 + 5.416,03) x GT

(7.407,61 + 5.416,03) x GT

(5.545,75 + 5.416,03) x GT

>12<18

Anzois

Arrastre de fondo

Artes fixas polivalentes

Cerqueiros

Nasas e artes de trampa

Rastreiros

Redes de enmalle

(7.355,77 + 1.327,94) x GT

(4.693,21 + 1.327,94) x GT

(4.868,81 + 1.327,94) x GT

(4.166,1 + 1.327,94) x GT

(3.394,3 + 1.327,94) x GT

(6.956,39 + 1.327,94) x GT

(4.401,61 + 1.327,94) x GT

>18<24

Anzois

Arrastre de fondo

Cerqueiros

Redes de enmalle

3.530,27 x GT

3.590,91 x GT

4.154,28 x GT

2.381,34 x GT

>24<40

Anzois

Arrastre de fondo

Cerqueiros

Redes de enmalle

2.893,87 x GT

3.467,11 x GT

5.092,53 x GT

2.188,64 x GT

>40

Anzois

Arrastre de fondo

Cerqueiros

2.351,71 x GT

1.985,66 x GT

2.712,12 x GT

* Para os buques con menos de 10 m de eslora engadíuselle o factor corrector.

1 Entenderase por eslora: a eslora total que figura no Rexistro Xeral da Frota Pesqueira.

Importe máximo da prima. Acondicionamento do buque para actividades distintas da pesca comercial.

Categoría do buque por eslora2

(metros)

Arte de pesca

Importe máximo da prima

en euros

(valor histórico do buque*)

<12

Anzois

Arrastre de fondo

Artes fixas polivalentes

Cerqueiros

Nasas e artes de trampa

Rastreiros

Redes de enmalle

15.113,26 x GT

9.651,54 x GT

14.121,02 x GT

6.856,17 x GT

9.011,48 x GT

16.040,32 x GT

11.258,2 x GT

>12<18

Anzois

Arrastre de fondo

Artes fixas polivalentes

Cerqueiros

Nasas e artes de trampa

Rastreiros

Redes de enmalle

14.531,63 x GT

9.363,34 x GT

10.011,6 x GT

8.591,88 x GT

6.799,57 x GT

13.527,87 x GT

8.952,54 x GT

>18<24

Anzois

Arrastre de fondo

Cerqueiros

Redes de enmalle

6.913,84 x GT

7.088,16 x GT

8.392,14 x GT

4.670,72 x GT

>24<40

Anzois

Arrastre de fondo

Cerqueiros

Redes de enmalle

5.686,5 x GT

6.734,7 x GT

9.790,58 x GT

4.590,78 x GT

>40

Anzois

Arrastre de fondo

Cerqueiros

4.645,79 x GT

4.158,34 x GT

5.610,56 x GT

2 Entenderase por eslora: a eslora total que figura inscrita no Rexistro Xeral da Frota Pesqueira.

missing image file

ANEXO IX

Investimento en activos produtivos:

I.A.P =

Investimentos activos produtivos

%

Investimentos totais en inmobilizado

Financiamento propio:

FPP =

Recursos propios achegados

%

Investimento total

missing image file
missing image file