Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 2 de marzo de 2017 Páx. 10831

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4020/2014).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4020/2014 desta sección, seguido por instancia de Lidia Valeiras Pérez contra o Sergas, o Fogasa, Clece, S.A., Maconsi, S.L., admón. concursal de Maconsi, S.L. (Ricardo José Orbán Moreno), admón. concursal de Maconsi, S.L. (Manuel Elías Pérez Álvarez), admón. concursal de Maconsi, S.L. (Manuela Seguín Nieto), sobre cesión ilegal, a Sala do Social do Tribunal Supremo ditou o 1.12.2016 a seguinte resolución:

«A sala acorda declarar a inadmisión do recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo letrado Eugenio Moure González en nome e representación de Lidia Valeiras Pérez contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o 30 de xuño de 2015 no recurso de suplicación número 4020/2014, interposto por Lidia Valeiras Pérez, fronte á sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela o 5 de marzo de 2014 no procedemento número 1216/11 seguido por instancia de Lidia Valeiras Pérez contra Clece S.A., o Sergas, Maconsi, S.L., Ricardo José Orbán Moreno, Manuel Elías Pérez Álvarez e Manuela Seguín Nieto, sobre cesión ilegal.

Declárase a firmeza da sentenza impugnada, sen imposición de custas por ter a parte recorrente recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta.

Contra este auto non cabe recurso ningún.

Devólvanse os autos de instancia e a peza de suplicación á Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de procedencia con certificación desta resolución e comunicación.

Así o acordamos, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma a Maconsi, S.L. e administración concursal de Maconsi, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza