Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 2 de marzo de 2017 Páx. 10847

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (PO 619/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento ordinario 619/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de David Mosquera Pereiro contra Cee Faega I, S.L. sobre ordinario, foi ditada sentenza con data do 30 de decembro de 2016, co número 11/2017, cuxo encabezamento e parte dispositiva din literalmente o seguinte:

«Vistos por Mª Fe López Juiz, xuíza maxistrada substituta do Xulgado do Social número 1 dos de Santiago de Compostela, os presentes autos rexistrados co número indicado, promovidos por instancia de David Mosquera Pereiro, asistido pola letrada Sra. Mos Grille, contra a mercantil Cee Faega I, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceron a pesar constaren debidamente citados, dítase a presente sentenza sobre a base dos seguintes [...].

Que estimo integramente a demanda interposta por David Mosquera Pereiro, asistido pola letrada Sra. Mos Grille, contra a mercantil Cee Faega, I S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceron a pesar de constaren debidamente citados, e, en consecuencia, condeno a entidade demandada a aboar á demandante a cantidade de 1.116,46 euros, máis o 10 % da devandita cantidade por demora no pagamento.

Debo absolver e absolvo o Fondo de Garantía Salarial dos pedimentos da demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación ante o TSX de Galicia.

Así o acordo, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Cee Faega I, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza