Aprobada inicialmente, por Acordo do Pleno do 26 de xaneiro de 2017, a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal de Sober, na rúa Mina, de conformidade co artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese á información pública polo prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e no diario El Progreso de Lugo.
Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que formule as alegacións que se consideren pertinentes.
Sober, 1 de febreiro de 2017
Luis Fernández Guitían
Alcalde