De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016 (DOG núm. 238, do 15 de decembro), esta dirección xeral
RESOLVE:
Aprobar as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.
A listaxe de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal
A listaxe de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.
As persoas aspirantes excluídas, así como aquelas persoas que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamar ou emendar o defecto que motivou a exclusión.
As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídas.
Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2017
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO
Relación de persoas aspirantes excluídas
Acceso libre
|
Apelidos e nome |
NIF |
Quenda |
Motivo da exclusión |
|
García Pena, Mario |
32699915X |
Libre |
15 |
|
Gómez Gómez, María Cristina |
32806061B |
Libre |
16, 20 |
|
Martínez Quintela, Lucía |
45955504D |
Libre |
17, 58 |
|
Torres Fernández, Míriam |
77463756D |
Libre |
17, 20, 58 |
|
Código |
Descrición |
|
15 |
Documento xustificativo da exención de taxas non cotexado |
|
16 |
Documento xustificativo da exención de taxas non presentado |
|
17 |
Doc. xustif. de demandante de emprego 6 meses antes da convocatoria non presentado |
|
20 |
Taxas non aboadas |
|
58 |
Doc. xustif. de non percibir prest. ou subs. por desemprego non presentado |


