Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 6 de marzo de 2017 Páx. 11389

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se someten a información pública o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de concesión de explotación derivada do permiso de investigación Xanceda, número 7138, situado nos concellos de Frades e Mesía (A Coruña), promovido pola sociedade Explotación de Rocas Industriales y Minerales, S.A. (ERIMSA).

Para os efectos previstos no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación de impacto ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras (BOE núm. 143, do 13 de xuño) e, así mesmo, no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (DOG núm. 109, do 6 de xuño), esta xefatura territorial

RESOLVE:

Someter a información pública, durante un prazo de trinta (30) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación da presente resolución, o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de concesión de explotación derivada do permiso de investigación Xanceda, núm. 7138, de vinte e cinco (25) cuadrículas mineiras para recurso de cuarzo metalúrxico, sito nos termos municipais de Frades e Mesía, provincia da Coruña, promovido pola sociedade Explotación de Rocas Industriales y Minerales, S.A. (ERIMSA), con domicilio social na rúa Copérnico, 7, 2º A1, A Coruña.

A designación do terreo en coordenadas xeográficas é a seguinte:

Vértice

Lonxitude (W) ED50

Latitude (N) ED50

Lonxitude (W) ETRS89

Latitude (N) ETRS89

1

8º15’20’’

43º06’00’’

8º15’25.466’’

43º05’55.883’’

2

8º14’20’’

43º06’00’’

8º14’25.464’’

43º05’55.884’’

3

8º14’20’’

43º04’’40’’

8º14’25.461’’

43º04’35.881’’

4

8º14’20’’

43º04’40’’

8º14’25.460’’

43º04’35.881’’

5

8º14’20’’

43º04’20’’

8º14’25.460’’

43º04’15.881’’

6

8º13’40’’

43º04’20’’

8º13’45.458’’

43º04’15.881’’

7

8º13’40’’

43º04’00’’

8º13’45.458’’

43º03’55.880’’

8

8º14’20’’

43º04’00’’

8º14’05.459’’

43º03’55.880’’

9

8º14’20’’

43º03’40’’

8º14’05.458’’

43º03’35.880’’

10

8º15’20’’

43º03’40’’

8º15’25.461’’

43º03’35.878’’

Durante o prazo indicado, aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas polo citado proxecto poderán examinar o expediente na Sección de Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar, rúa Vicente Ferrer, nº 2, 15071 A Coruña, ou no portal da dita consellería (http://ceei.xunta.gal/expediente-explotacions-mineiras) e formular as súas alegacións por escrito ante este órgano administrativo, presentándoas en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Transcorrido o período de información pública, proseguirase a tramitación da avaliación de impacto ambiental ordinaria, prevista na Lei 22/2013, do 9 de decembro, a que está sometido o presente proxecto, cuxa autorización compete, como órgano substantivo, á Consellería de Economía, Emprego e Industria, ao abeiro do establecido na Lei 3/2008, do 23 de maio.

A Coruña, 13 de febreiro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña